Site icon Crónica3.com A Mariña

A A.C. Ledicia de Burela organiza unha Semana Cultural que pretende afondandar no coñecemento da cultural tradicional

Semana Cultural da AC Ledicia en Burela

A asociación cultural Ledicia organiza a Semana Cultural 2012, cun programa que pretende manter o espírito co que esta naceu; afondar no coñecemento da cultural tradicional. Nesta ocasión ademais da música e o baile tradicional, centraremos os nosos esforzos en mirar cara ó mar e aos oficios e historias con el relacionadas.

SEMANA CULTURAL LEDICIA 2012

Sábado 3 de Novembro: Día do Baile e a Música Tradicional

Ás 20:00 h. no Auditorio Municipal FESTIVAL coa actuación de varios grupos

A partir das 23:00 h., na antiga praza de abastos IV SERÁN DE LEDICIA

A outra versión da música tradicional … participa …canta…baila…ata que o corpo aguante!!!

—————————————————————————————-

Aprendendo do pasado…e do presente

Mércores 7 de novembro, ás 18:00 h. , na “Moncloa” de Burela

Xuntanza cos xubilados do mar, para falar da historia mariñeira da nosa vila.

Actividade para nen@s ata 14 anos; @s participantes reuniranse ás 17:30 h. no local de ensaio de Ledicia (Rúa da Igrexa), para baixar ate o porto de xeito organizado

Sábado 10 de novembro, ás 11:00 h., na explanada do porto de Burela

Visita ó Barco Museo “Reina del Carmen”

Actividade familiar

Xoves 15 de novembro, ás 17:30 h, no entorno da Confraría de Pescadores

Xuntanza coa Asociación de Redeiras, para coñecer de primeira man o seu traballo

Actividade para nen@s ata 14 anos

Importante: As actividades están abertas á participación de calqueira persoa interesada,e será preciso anotarse(telf. 616995097) como máis tarde o dia anterior da celebración de cada unha delas

—————————————————————————————

Organiza: S.C.R Ledicia

Colaboran: Concello de Burela / Deputación de Lugo-Cultura / Confraría de Pescadores de Burela / Xubilados da “Moncloa” / Asociación de Redeiras “Cabo Burela”

Exit mobile version