Site icon Crónica3.com A Mariña

¿Con quen teño que falar?

¿CON QUEN TEÑO QUE FALAR?

Por moito que o presidente Rajoy diga: Falarei con quen teña que falar e farei o que teña que facer, eu pregunto Con quen teño que falar para que me diga con quen fala o Sr. Rajoy e para que me explique o que quere facer?.
Por que hai manifestacións?, preguntaba Mariano Rajoy en 2005 cando era líder da oposición para logo responderse a si mesmo: ?Pois hai manifestacións de millóns de españois para que o Goberno cambie unha disparatada política. Sete anos máis tarde, unha vez que Mariano Rajoy logrou ocupar A Moncloa, as manifestacións xa non son do seu agrado.

Cifuentes pide cambios legais para “modular” o dereito de manifestación, reiterou que a lei é “moi permisiva e ampla” co dereito de reunión e manifestación, planeou “modular” a lei para “racionalizar o uso do espazo público”, Será que Madrid non ten espazo para tanta xente?.

Con quen teño que falar para que me explique que significa “modular” ou se é o vello truco, propio de réximes autoritarios?

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, negou este martes que España vaia pedir o rescate á Unión Europea de forma inminente. O presidente fixo gala de bo humor e do seu “galeguismo” para concluír que, finalmente, cada un pode pensar a este respecto o que queira “porque se cadra acerta ou se cadra non”. Con quen teño que falar para que me diga SE QUERO UNHA LIÑA DE CRÉDITO?

O presidente no entanto, preferiu resaltar a súa satisfacción ante o acordo unánime alcanzado por todos os presidentes autonómicos co cumprimento do obxectivo de déficit.

Os presidentes de todas as comunidades autónomas reafirmaron este martes na Conferencia de Presidentes de Autonómicos o seu compromiso co cumprimento dos obxectivos de déficit para este ano (1,5%) e o ano próximo (0,7 %).”España dá unha boa mensaxe”, asegurou o presidente do Goberno. Imos ver, eu pregunto: Con quen teño que falar para que me diga se quedaba outra? É que se unha comunidade autónoma se lle ocorre dicir NON QUERO estaría a esta hora intervido ou non?.

Quero aclarar eso que tanta tinta fixo correr estes días de o “HUMOR GALEGO” do Señor Rajoy: O humor galego, máis coñecido como retranca, caracterízase por ser un humor especial, fino e sempre cunha dobre intención. Castelao é para moitos o gran representante da retranca galega,

( Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade ) e a súa gran calidade é que sempre foi defensiva, como unha forma de non dicir nin se nin non, xa que ambas as respostas poderían traer malas consecuencias. Unha forma de liberarse de compromisos, unha postura intelixente, que derivou nun humor peculiar e moi difícil de explicar. Dende logo Rajoy Brei o pouco que ten de galego debe de ser esa “pinga” de humor pois nin sequera sabe falar o noso idioma.

Otero Regal

Exit mobile version