Que fai xa uns anos o Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente a través do Servizo Provincial de Costas programou e aprobou un proxecto para a realización dun paseo marítimo dende a praia de Peizas ata a praia da Pampillosa .
Que o mencionado proxecto incluía a compra de terreos afectados polo paseo e tamén para a creación dunha gran zona verde entre o paseo mencionado e o mar.
Que os veciños asinaron un documento de compromiso de venta dos terreos da que ten constancia o Ministerio.
Que no noso Concello, tamén estaba programada a construción de un Carril- Bici Rapadoira-llas, para o que se fixeron todos os tramites administrativos correspondentes.
Por todo o exposto UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN, para solicitar acordo da Corporación, de pedir ao Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente:
-A inclusión das mencionadas obras nos Presuposto Xeral do Estado así como a realización das obras mencionadas.