Hoxe levouse a cabo en Burela unha concentración de traballadoras/es dos institutos Monte Castelo e Perdouro en defensa do ensino publico. Esta concentración convocada por todos os sindicatos repetirase os vindeiros mércores ás 11h.
O IES Monte Castelo e o Perdouro de Burela –por motivo de horários- fixo a concentración hoxe mércores ás 11 horas na porta do IES Perdouro.
Os sindicatos CIG, UGT e CCOO acordaron facer concentracións os xoves deste mes en todos os centros educativos da Mariña en contra dos recortes en educación e na defensa dun ensino público e de calidade.