Site icon Crónica3.com A Mariña

Tempo de crise

TEMPO DE CRISE

Sucedeo en Estados Unidos. Érase unha vez un cidadán que vivía a caron dunha estrada, onde vendía bocadillos. Era xordo e, por tanto, non escoitaba a radio. Non vía moi ben e, en consecuencia, non lía os periódicos. Pero, eso sí, vendía bós bocadillos.
Arrendou un trozo de tarreo, instalou un gran letreiro nel e pregoaba a súa mercaduría berrando a todo pulmón: “¡merque deliciosos bocadillos quentes!” E a xente compraba. Aumentou as súas previsións de pan e carne. Incrementou o espacio arrendado para atender mellor á clientela e, tanto traballo tiña que mandou chamar ao fillo para que regresara da Universidade, onde estudaba cencias mercantís, e lle axudara.
Pero entón ocurriu algo importante. O seu fillo díxolle:.
— Papá, ¿non escoitas a radio nin les os xornáis? Estamos atravesando unha gran crise. A situación está francamente mal, non podería estar peor.
O pai pensou.: “ O meu fillo estuda na Universidade. Le os xornáis e escoita a radio. Debe saber de qué se fala”.
Así que comprou menos pan e menos carne, desmontou o letreiro, prescindiu de parte do terreo arrendado para eliminar gastos e xa non pregoaba os bocadillos. E nesta situación as ventas disminuiron de día en día.
— Tiñas razón, papá, lle dixo o rapaz; verdadeiramente estamos atravesando unha gran crise.
—————–
Este artigo que transcribimos foi publicado por un xornal de Nova Iork o 20 de outubro de 1987, uns días despois de que a súpeta caída da bolsa da cidade dos rañaceos fixese tremer os cimentos de toda a economía norteamericana.
A sentencia é clara, di o autor do comentario: ante o pesimismo xeralizado non se pode caer na trampa do desánimo colectivo.

14.4.09

Suso Fernández

Exit mobile version