A asociación Cultural A Pomba do Arco tendo en conta que a figura de Pardo de Cela sigue suscitando un profundo interese e atraendo ao público en xeral vai a organizar un roteiro entorno á fortaleza de Frouxeira, o último reduto de resistencia do Mariscal contra as tropas dos Reis Católicos. A actividade empezará ás 11 da mañás e ás 12,30 o profesor Anselmo López Carreira impartirá unha charla maxistral neste histórico lugar baixo o título Pardo de Cela e a Mariña do século XV.