Site icon Crónica3.com A Mariña

Responde o PSOE que o PP “tenta agochar os soldos dos políticos máis caros con mentiras sobre outros”

O Partido Popular tenta agochar os soldos dos políticos
máis caros de Galicia con mentiras sobre outros

-Ó descubrirse que José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro son os políticos
máis caros de Galicia, con 120.000 euros anuais e cero resultados, o PP minte ó
comparar outros soldos públicos
-O Orzamento 2012 da Xunta de Galicia revela que só os asesores de Núñez
Feijóo no gabinete de Presidencia superan os 55 e custan 2,3 millóns de euros
anuais
-O Partido Popular de Lugo aprobou por unanimidade as remuneracións
económicas na Deputación que cobra na actualidade pero que se atreve a criticar,
sendo ademais o único partido que se negou a rebaixar os seus asesores e o
presuposto para o seu grupo político
-O PP é o único partido que ten a súa Executiva a cargo das arcas públicas.
Ningunha das 22 persoas cobrou ou cobra doutro traballo, o que o convirte no
máis caro de todos os partidos existentes na provincia

O Partido Popular tenta agochar os soldos dos políticos máis caros de Galicia, José
Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, con 120.000 euros anuais cada un pero cero
resultados, insultando ós demais. A mentira é tan fácil de desmontar que o gasto de
Núñez Feijóo cuatriplica a calquera outra institución: o orzamento 2012 da Xunta de Galicia
revela que o gabinete de Presidencia da Xunta de Galicia supera os 55 asesores cun
custe de 2,3 millóns de euros anuais.

Ademais de mentir, o PSdG-PSOE de Lugo denuncia que o PP carece de coherencia ó volver
repetirse nas críticas contra as remuneracións na Deputación logo de apoialas sen ningún
tipo de condicionante: todos os membros do PP na institución provincial votaron
a favor das retribucións, sendo aprobadas por unanimidade no Pleno de xuño de 2011
e publicadas na web oficial. É máis, a incoherencia é tal que, en dita sesión plenaria, o
Partido Popular foi o único grupo político que se opuxo a rebaixar o orzamento
para o seu partido político, aumentándoo en 1.500 euros ó ano, así como a reducir o seu
número de asesores. Pola contra, o Goberno Provincial reduciu nun 30% os seus soldos e
nun 20% o número de asesores no caso da Presidencia.

A incongruencia do Partido Popular chega ó límite de volver criticar soldos que este mesmo
grupo político sigue recibindo a día de hoxe: a voceira do PP na Deputación, Elena Candia,
cobra 50.268 euros ó ano, é dicir, o mesmo que un Deputado responsable de área
cando o seu traballo é infinitamente menor.

Os socialistas lucenses subliñan a doble moral do PP cando é a única Xunta Directiva
dun partido na provincia que cobra na súa totalidade ou cobrou soldos públicos a
cargo das Administracións, sendo o partido político máis caro de Lugo ó custarlle
ós lucenses 1.134.000 euros ó ano.

Nota de prensa

Os datos públicos e oficiais que evindencia o anterior son os seguintes:

Senadores:
-José Manuel Barreiro: 120.000 euros/ano, é dicir, o político máis caro de Galicia.
-Armando Castosa, Senador e Alcalde de Cospeito: 74.676 euros/ano.

Deputados autonómicos:
-José Manuel Balseiro: 120.000 euros/ano, con Barreiro, o político máis caro de Galicia.
-Agustín Baamonde Díaz, Jaime Castiñeira, Daniel Varela Suanzes-Carpegna, Isabel Barcía
Pacín, Emma Álvarez Chao e Dámaso López: 63.000 euros/ ano cada un, supoñendo un total
de 315.000 euros/ano.

Cargos Xunta:
-Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade: 55.268,41euros/ano
-Raquel Arias, delegada da Xunta en Lugo: 55.268,41 euros/ano

Deputados no Congreso:
-Joaquín García Díez: 7.304,63 euros/mes; 102.264 euros/ano

Outros cargos Goberno central:
-Samuel Juárez, delegado do Goberno en Galicia: 60.154,77 euros/ano

Alcaldes
-Julio Álvarez Núñez, Alcalde de Quiroga: 40.000 euros/ano
-Antonio Muíña Pena, Alcalde de Friol mais Deputado provincial: 48.000 euros/ano
-Olga Iglesias Fontal, Alcaldesa de Triacastela máis Deputada no Congreso: 4.637,73 euros/
mes; 64.928,22 euros/ano
-Alfonso Villares, Alcalde de Cervo: 2.100 euros/mes; 29.400 euros/ano
-José Antonio García, Alcalde de Sarria: 22.650 euros /ano
Concelleiros
-Mariña Gueimunde, concelleira de Viveiro e exsenadora: Como concelleira cobra por
asistencia a plenos (50 euros/pleno), e cando era senadora, 4.696 euros/mes.

Asesores Xunta
-Antonio Basanta, Xefe de Relacións Institucionais e Internacionais da Consellería do Medio
Rural: 38.240 euros/ano

Ademais da Xunta Directiva, existen outros órganos de dirección no PP con cargos públicos
e soldo a cargo das administracións que custan 300.000 euros ó ano á cidadanía. Algúns dos
máis destacados son:

-Luis Lamas Novo, director de Sogama: 84.999,97 euros/ano
-Jesús Novo Martínez, Alcalde do Vicedo máis Deputado provincial: 25.737,32/ano
-José María González Barcia, Alcalde de Burela: 45.000 euros/ano
-José Luis Iravedra, membro do Consello da CRTVG: 74.400 euros/ano

O PSOE lugués destaca que na Executiva Provincial Socialista conviven persoas que traballan
en todos os ámbitos e teñen formación ou experiencia, non unicamente cargos con soldos
públicos das Administracións. No caso das persoas que desempeñan o seu traballo nalgunha
Administración, xa o facían antes de entrar na Executiva.

Exit mobile version