O PSdeG-PSOE presenta en Lugo “a candidatura da xente e da igualdade de oportunidades”
– O secretario xeral do partido na provincia, José Ramón Gómez Besteiro, incidiu en que “Galicia necesita o cambio máis que nunca fronte á axenda oculta do PP, que dá a espalda a Lugo e crea unha sociedade só para uns poucos”
-“Feijóo é un presidente que nunca exerceu de presidente; exerceu de contable e por riba non lle saen as contas”, destacou Concepción Burgo, número un da candidatura por Lugo, que apostou por “falar coa xente, porque as cousas non teñen por que ser como son”
Na mesma liña se pronunciou a número un da candidatura, Concepción Burgo, da que Besteiro recoñeceu estar “orgulloso, igual que de toda a lista, que é o mellor do partido na provincia”. Burgo asegurou que os candidatos por Lugo queren “falar coa xente, porque as cousas non teñen por que ser como son”, e referiuse a Feijóo como “un presidente que nunca exerceu de presidente. Exerceu de contable e por riba non lle saen as contas”, aseverou. A socialista incidiu en que Feijóo “sempre mirou para outro lado con Lugo” e amosou a súa preocupación pola continua despoboación no rural. “Non temos futuro se non poñemos freo a esa perda de poboación, e que mellor maneira de botar a xente do rural que pechando escolas”, asegurou.
Pensionistas, parados e mulleres
Burgo referiuse aos 120.000 pensionistas galegos ou os 27.000 parados lucenses, cun crecemento do desemprego do 32% na candidatura de Feijóo, ademais de preocuparse especialmente polas mulleres, “que sofren unha dobre crise, porque queren retirar os servizos públicos e que as mulleres volvan para casa”, dixo. “Non estamos dispostos a dar pasos atrás na igualdade”, destacou Burgo, que fixo referencia ao adianto electoral como “o xeito de tapar o que vai facer Rajoy despois das eleccións”.
Burgo insistiu en que o cambio hai que conseguilo “entre todos, como unha piña” e en que “é a política con maiúsculas o que pode cambiar o país”. Tamén o presidente do PSdeG, José López Orozco, falou da “candidatura do cambio e da solidariedade fronte aos que só saben falar de recortes”, para “devolverlle a esperanza e a ilusión a Galicia”. Orozco apostou por que “acabe dunha vez a mentira e a palabra que non di nada por unha de compromiso” con todos os cidadáns. “A solución está aquí, non na dereita”, rematou.
A candidatura provincial do PSdeG-PSOE por Lugo, que foi aprobada por unanimidade, estivo arroupada no acto polo deputado no Congreso José Blanco, o senador Ricardo Varela, deputados autonómicos, alcaldes e membros das executivas local e provincial do partido. A lista destaca pola súa absoluta renovación, cun 80% de caras novas, a grande experiencia política, formación e dilatada traxectoria profesional dos candidatos. Ademáis a lista, encabezada por unha muller, ten maioría feminina, con oito mulleres e sete homes.
Nela están representadas ademais todas as comarcas: : Lugo, A Mariña, Zona Sur, Terra Chá, A Ulloa e A Montaña, nunha clara aposta pola cercanía aos cidadáns, o equilibrio territorial e a atención a todos os sectores da poboación.
A candidatura responde ao compromiso do secretario xeral do partido na provincia, José Ramón Gómez Besteiro, de renovar, “mover banquillo”, e consolida a apertura dunha nova etapa no PSOE de Lugo que acenda o motor do cambio na Xunta. O obxectivo é abrirlle as portas do futuro á provincia, a máis castigada polo actual goberno autonómico, e implantar o modelo das conquistas sociais e os servizos públicos, desterrado pola neodereita de Feijóo.
CANDIDATURA PROVINCIAL LUGO PSdeG
CONCEPCIÓN BURGO LÓPEZ
JUAN CARLOS GONZÁLEZ SANTÍN
JOSÉ RAMÓN VAL ALONSO
RICARDO VICENTE DOCASAR DOCASAR
MARÍA ELBA VELEIRO FERNÁNDEZ
MIGUEL ÁNGEL FERNÁNDEZ LÓPEZ
HORACIO ROUCO FERRO
FE ÁLVAREZ SÁNCHEZ
LETICIA SEARA LOSADA
MARÍA LOUREIRO GARCÍA
SANDRA FREIRE DEL VALLE
ROBERTO CASTRO GONZÁLEZ
MARÍA CARMEN GARCÍA CONDE
MARÍA DEL CARMEN CAPÓN TELO
ISMAEL REGO GONZÁLEZ
SUPLENTES:
PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ
MARÍA ISABEL RODRÍGUEZ LÓPEZ
JOSÉ CARLOS FERREIRO OTERO
EDUARDO VIDAL BAAMONDE
MARTA JATO DÍAZ