Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE lamenta que os esforzos gastados na promoción de cervo en texas non fosen reservados para un mellor coidado das praias

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE OS ESFORZOS GASTADOS NA PROMOCIÓN DE CERVO EN TEXAS NON FOSEN RESERVADOS PARA UN MELLOR COIDADO DAS PRAIAS

-Fan un balance negativo do estado dos areias e zonas de ocio durante o período estival e esixen “outra actitude para que o vindeiro ano os servizos sexan moito mellores”

-Destacan que “o alcalde foi alertado da falta de limpeza e o abandono de certas zonas pero amosou moi pouca preocupación”

CERVO, 20 DE SETEMBRO. A falta de poucas horas para despedir o verán, dende o Concello retiran os equipamentos das praias e os membros do Grupo Municipal Socialistas fan un balance negativo do interese amosado dende o goberno por manter os areais do municipio nun estado decente durante todo o período estival, “esiximos que o vindeiro ano a limpeza e os servizos prestados nas praias sexan moito mellores que os ofertados este verán”.

Os socialistas aseguran que a falta de limpeza nos areais estivo presente dende o inicio ó fin da tempada estival, “veciños e visitantes poideron comprobar a presencia de plásticos, cristais, residuos orgánicos e incluso algas en descomposición, pero é que o señor Villares estaba alertado de todo isto polos seus compañeiros da Consellería de Sanidade e o único que fixo foi mirar para outro lado”.

O mesmo desinterese que amosa ante outros problemas dos que tamén informaron dende o GMS como “o vergonzoso estado dos accesos á praia de Cubelas, o mal estado do paseo de madeira que percorre o areal ou a pouca preocupación por repoñer varias columnas do paseo da Ría que siguen dende hai tempo tiradas no río”.

Subliñan que “son destacables o interese e a adicación amosados polo equipo de goberno para estar presentes estes días na Semana de Galicia en Texas pero cren moito máis importante que eses esforzos sexan reservados para ter perfectamente acondicionado o noso Concello, porque a promoción de Cervo debe comezar cos propios veciños e cando sobre o tempo e os recursos podemos cruzar o charco tranquilos. Pero precisamente non estamos nesa situación senón todo o contrario”.

Exit mobile version