Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que a Xunta sitúa a Mariña no mapa dos investimentos

O deputado popular Jose Manuel Balseiro fai balance da lexislatura que remata sinalando que a nosa comarca, pese ao contexto xeral de dificultade, recuperou o protagonismo perdido durante o goberno bipartito

O GOBERNO FEIJÓO VOLVE A SITUAR NA MARIÑA NO MAPA DOS INVESTIMENTOS

 A Xunta multiplicou por dous os investimentos para obras ou servizos con destino concreto para a nosa comarca pasando de 14,9 M€ co bipartito a 35,7 M€ en 2012.

 O PP executou compromisos pendentes do bipartito: As obras do hospital (área de maternidade, rampla, arquivos, dotación de novas tecnoloxías), parques de bombeiros, obras de desmonte no primeiro treito lucense do corredor, novos ciclos de Formación Profesional, residencias de Viveiro e Xove, centros de apoio á menores en Viveiro e Burela, apoio ao sector pesqueiro e obras para garantir a plena operatividade do porto de Mirasol.

A Mariña, 4 de setembro de 2012.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro, significou que a lexislatura que remata serviu para volver a situar a Mariña no mapa dos investimentos. Segundo Balseiro os catro anos do anterior goberno bipartito non só esqueceron e desprezaron as necesidades desta comarca senón que negaron os recursos e apoios específicos para afrontar os principais retos de futuro.

“Foron PSOE e BNG incapaces de executar un só quilómetro de obras do corredor da costa, acometer as obras no hospital ou dotar á Mariña dos parques de bombeiros. En tempos de bonanza, as forzas do bipartito non foron capaces de apostar pola Mariña”.

“Pola contra -sinalou Balseiro- hai un dato notable e obxectivo. O compromiso inversor da Xunta, materializouse en que mentres que no 2012 a Xunta achega 35,7 millóns de euros para obras ou servizos con destino concreto na nosa comarca, os últimos presupostos elaborados polos socialistas e nacionalistas -en 2009- só eran de 14,9 millóns de euros, menos da metade”.

HOSPITAL E SERVIZOS SOCIAIS

Balseiro explicou que gracias ao equipo que lidera Feijóo acometéronse as obras pendentes no Hospital da Costa: nova área de maternidade, rampla, arquivos, dotóuselle de novas tecnoloxías médicas -como os novos ecógrafos cardiógrafos, e buscouse corrixir a herdanza envelenada en materia de listas de espera. O deputado popular significou tamén que de cara o futuro, esta lexislatura que remata serviu para poñer ás bases que farán posible a ansiada obra de ampliación da principal infraestrutura de saúde da Mariña, do noso hospital.

Tamén en materia de servizos sociais foi posible impular co apoio da Xunta novas residencias para persoas maiores como as de Viveiro ou a que está en plena construción en Cervo ou melloráronse garderías como as de Foz e Burela. Balseiro tamén significou os apoios nos centros de atención á familia e menores de Viveiro e Burela, xestionados pola Igrexa.

OBRAS PÚBLICAS

Executáronse obras de mellora en abastecementos como o de Burela-Cervo e estacións depuradoras, como a de Ribadeo. Corriximos a histórica carencia en materia de seguridade pública, coa apertura dos dous parques contraincendios, que non foi posible abrir na época do bipartito, pese a que PSOE e BNG xestionaban Deputación e Xunta.

O PP tivo na súa man, nestes catro últimos anos o desbloqueo do corredor da costa, e efectuou as obras de desmonte e adecuación inicial no primeiro treito lucense e impulsou os trámites administrativos no resto do percorrido

Apostouse pola educación pública coa apertura de novos ciclos formativos acaídos as posibilidades laborais. Deu conta do seu apoio ao sector pesqueiro, confrarías e organizacións de produtores e aos tecidos económicos esquecidos polo bipartito, como foi o caso do investimento na obra de ampliación do dique de Mirasol en Ribadeo, que garantiu que siga plenamente operativo.

Para Balseiro a chegada do PP ao goberno da Xunta baixo o liderado de Alberto Núñez Feijóo “ofreceu un proxecto á cidadanía de unidade, compromiso coa xestión e un proxecto serio e maioritario. Non é casualidade que, a pesar da que está caendo no ámbito económico, Galicia presuma en toda España de solvencia financeira e de cumprir os obxectivos de déficit sen ter que recortar no Estado do Benestar, como acontece noutros sitios.”

NON NEGAMOS A CRISE, COMBATÉMOLA

Apegado á realidade o deputado popular concluíu sinalando que “ninguén pode negar que A Mariña sufre, como o resto de España e de Europa os efectos da crise, que hai familias con dificultades e retos por superar e corrixir. Pero precisamente por iso aspiramos a contar de novo coa confianza maioritaria dos veciños desta comarca para xunta ao presidente Feijóo consolidar unha terra de primeira, moderna e activa e fuxir de experimentos raros como os do bipartito, que saen caros. ¿Como van a gobernar Galicia, PSOE e BNG, se non saben nin xestionar con unidade o seus partidos?”

En definitiva segundo o deputado popular hoxe, temos un presidente que “rigoroso, responsable, o mellor preparado e o máis solvente para seguir xestionando este tempo tan complexo”.

Exit mobile version