Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo solicita a habilitación de novas zonas de estacionamento no entorno do centro de saúde

Os veciños seguen a sufrir o caos para estacionar nas inmediacións do centro de saúde

O PP de Mondoñedo solicita a habilitación de novas zonas de estacionamento no entorno do centro de saúde que permitan aliviar os problemas para aparcar neste entorno

? O Grupo Municipal do PP proponlle ao goberno local que se habilite unha zona de estacionamento na marxe dereita da alameda dos Remedios, (dirección centro do saúde á Igrexa dos Remedios), concretamente no espazo de terra, e en horario de mañá, co obxecto de desconxestionar o tráfico nas inmediacións do centro de saúde e ofrecerlles aos usuarios zonas para estacionar

? O PP mantén a súa dispoñibilidade de cara aos veciños e lamenta que o sectarismo político do rexedor local acepte só en parte as alegacións presentadas á política de tráfico do bipartito, caracterizada pola falta de consenso

? Os populares manifestaron en varias ocasións a súa repulsa ao procedemento sancionador en materia de Tráfico que profesa o goberno local en relación ao elevado número de multas que firmaron aos veciños que acoden ao centro de saúde de Mondoñedo e máis tendo en conta que a zona non conta con adecuacións suficientes para aparcadoiros nin praza reservada para minusválidos

? O rexedor local xa tivo que rectificar recentemente en relación a súa política de tráfico, o que, segundo os populares, amosa que a dirección que toma a súa xestión nesta área é errada

Mondoñedo, 20 de setembro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo de Mondoñedo proponlle ao goberno local alternativas que permitirían aliviar os problemas de estacionamento que sofren os veciños que acoden ao centro de saúde do municipio, ao tempo que esperan que o sectarismo político do rexedor local non prohiba unha vez máis aos veciños estudar as propostas do Partido Popular que buscan solventar os problemas dos mindonienses e darlle traslado das demandas dos veciños.

O Partido Popular de Mondoñedo solicita que o goberno local habilite un aparcamento en batería, en horario de mañá (de 8:00 a 15:00 horas) e no lateral dereito da alameda (dirección centro do saúde á Igrexa dos Remedios), concretamente no espazo de terra, co obxectivo de aliviar así o caos para estacionar, que viven os veciños que acoden ao médico.

Así mesmo, os populares tamén reiteran a solicitude de que o bipartito de maneira inmediata restitúa a legalidade nesta zona e sinalice as prazas de estacionamento para persoas con discapacidade.

Os populares manifestaron xa en varias ocasións a súa repulsa ao procedemento sancionador en materia de Tráfico que profesa o goberno local, en relación ao elevado número de multas que firman dende o Concello aos veciños que acoden ao centro de saúde de Mondoñedo. Foron varios xa os veciños que manifestaron as súas queixas por esta política do bipartito local e máis cando a zona non conta con adecuacións suficientes para aparcadoiros nin con praza reservada para os minusválidos que necesiten desprazarse ata o centro de saúde.

A portavoz do PP local, Elena Candia, cualifica de “desproporcionada” esta actitude emprendida polo grupo municipal que sen ofrecer alternativas ao respecto, profesa multas contra persoal con redución de mobilidade e outros problemas físicos que para evitar largos desprazamentos vense na obriga de estacionar os seus vehículos nas inmediacións do centro de saúde.

O PP mantén a súa dispoñibilidade de cara aos veciños e lamenta que o sectarismo político do rexedor local acepte só en parte as alegacións presentadas á política de tráfico do bipartito, caracterizada pola falta de consenso.

A presión reiterada do PP e o malestar dos veciños parece que lle fixo ao nacionalista Orlando González modificar a súa actitude en relación a prohibición de estacionar na Fonte Vella. Ata a publicación nos medios da intencionalidade do goberno municipal de estudar a variación do estacionamento nesta zona; o equipo do BNG e do PSOE no concello de Mondoñedo non acordara nin mantivera ningunha actitude de cercanía de cara aos veciños, co obxecto de manter un plantexamento serio en materia de tráfico. Dada ista situación, solicítaselle de novo ao goberno local a modificación da súa actitude en relación cos problemas de estacionamento no entorno do centro de saúde, e pídeselle que volva a escoitar as demandas dos veciños, xa que cando o fai “si acerta nas súas decisións”.

O Partido Popular manifestou en todo momento e reiterou a necesidade de acordos consensuados e pactar unha reordenación de tráfico na cidade, facilitando e sensibilizando a poboación dun uso razoable e respectuoso dos espazos que fomente a convivencia de peóns e vehículos, conlevando un aspecto dinamizador da riqueza para o comercio e a hostalería mindoniense.

Exit mobile version