O EQUIPO DE GOBERNO AMÓSALLE O SEU APOIO AOS TRABALLADORES DE ALCOA. O ALCALDE E OS CONCELLEIROS ASISTIRÁN Á CONCENTRACIÓN PREVISTA PARA MAÑÁ POLA NOITE.
Burela, 19 de setembro de 2012. O equipo de goberno do Concello de Burela amosalle a súa solidaridade ao comité de empresa de Alcoa. O alcalde, José Mª González Barcia, e outros membros do Grupo Municipal do PP asistirán á concentración convocada para mañá ás 21:30 horas. Ademáis Burela apoiará o apagón de mañá xoves, 20 de setembro, “ata onde técnicamente nos sexa posible”.
O rexedor subliñou o total apoio do equipo de goberno burelés “tanto para os traballadores da planta de San Cibrao como para Alcoa, debido á importancia que ten esta firma para toda a comarca da Mariña”.