O CONCELLO AMÓSALLE O SEU APOIO E SOLIDARIDADE AO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA E SÚMASE AO APAGÓN CONVOCADO PARA MAÑÁ.
Ribadeo, 19 de setembro de 2012. O Concello de Ribadeo amósalle o seu apoio e solidaridade ao comité de empresa de Alcoa e súmase ao apagón convocado para mañá ás 21:30 horas.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “desde o Concello de Ribadeo queremos, como non, ter este xesto, este simbolismo de ter este apagón dun cuarto de hora na noite de mañá para evidenciar o apoio de Ribadeo a esta loita xusta que está tendo todo o mundo con Alcoa, para que siga na Mariña, para que se resolva esta cuestión da tarifa eléctrica que está facendo inviable que siga producindo aquí”. O rexedor indicou que “ademáis dicíndoo desde Galicia, un lugar no que resulta difícil asumir que é un pais excedentario de electricidade, que se sigue exportando enerxía para fóra de toda a que se produce aquí que non se da consumido aquí desgraciadamente, pero para algún gran consumidor de enerxía que temos aquí, como Alcoa, que a tarifa que teñen que pagar sexa tan desproporcionada que faga inviable a súa continuidade aquí”. E engadiu que “sen embargo en países do norte de Europa sí son viables e os gobernos atenden as necesidades destas grandes empresas que dan tantos postos de traballo”.
Suárez Barcia subliñou que “en Ribadeo tamén somos solidarios con Alcoa e faremos este xesto mañá, como tamén no pleno último aprobamos entre todos unha proposición para pedirlle ao goberno do Estado que medie, non para que Alcoa teña electricidade gratuita nin moito menos, senón para que sexa viable a sua continuidade a través da tarifa eléctrica”.
Ies
O alcalde de Ribadeo tamén se referiu ao recentemente estreado nome de IES de Ribadeo, o centro que aglutina ao Dionisio Gamallo Fierros e ao Porta de Auga. Suárez Barcia dixo que “esta proposta, que partiu dun rogo presentado por parte do concelleiro do PSOE, pero que logo desde a Alcaldía propuxemos que entre todos era mellor que forzaramos un punto adicional no pleno ordinario e todos os grupos así o estimamos (o Bloque, o PP, o PSOE e mais UPRI), e non é outra que suxerir ou pedirlles aos responsables do centro educativo e da Conselleria que despois desta integración no IES Dionisio Gamallo o centro siga levando este nome, porque non é un demérito cara a ninguén”. O rexedor explicou que “de feito o Porta da Auga seguirase chamando así, aínda que agora alí só vai haber ciclos formativos e neste outro non se fai mal a ninguén si se segue chamando como dende hai anos, que é o nome de Dionisio Gamallo Fierros, un persoeiro moi querido en Ribadeo e que tivo moito que ver con ese centro educativo nas formas que tivo ese centro hai moitos anos e agora coas novas formas e con esta fusión, é importante que o nome deste polígrafo ribadense perdure nese centro”.
Suárez Barcia está convencido de que así será, “porque aínda que o Concello non ten a capacidade para nomear edificios educativos que non son da súa propiedade nin da sua xestión eu penso que si a Corporación Municipal, de maneira unánime, dos trece concelleiros dos catro grupos que a formamos, indicamos de boa maneira que nos gustaría que seguira chamándose así, dubido que haxa alguén que non o vaia facer”.