O CONCELLO PREPARA UN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA NATURAL NA MAROSA. FERNÁNDEZ VALLE ASEGURA QUE DESTE XEITO SE ATENDEN AS DEMANDAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS “QUE NON DISPOÑEN DE ESPAZO SUFICIENTE PARA ADESTRAR”.
Burela, 19 de setembro de 2012. O Concello prepara no área deportiva de A Marosa un campo de fútbol 8 de herba natural. O edil de Obras, Manuel Fernández Valle, asegura que “así pretendemos atender as demandas das escolas deportivas que non dispoñen de espazo suficiente para adestrar xa que contan con mais de 150 nenos inscritos neste momento”.
Estes días comezaron os traballos de construcción dun campo de fútbol de herba natural no área deportiva de A Marosa. O concelleiro popular explica que “ten 30 por 50 metros e unha parte importante da obra está a ser executada polo persoal de obras do Concello”.
Fernández Valle lembra que “desde que chegamos realizamos un intenso traballo de acondicionamento e mellora das instalacións deportivas de Burela. E agora acometemos esta obra debido á grande demanda existente, sobre todo das escolas deportivas que carecen de espazo suficiente para poder adestrar”.
O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, supervisaron os traballos de construcción dese campo de fútbol de herba natural, que estará listo para empezar a utilizarse no prazo aproximado duns dous meses.