Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela pide que se extremen as precaucións nas praias ao rematar o servizo de socorristas

O SERVICIO BURELÉS DE SOCORRISMO REMATA O VINDEIRO LUNS, 3 DE SETEMBRO. DESDE O CONCELLO PIDEN QUE SE EXTREMEN AS PRECAUCIÓNS AO BAÑARSE E CUALIFICAN DE MOI SATISFACTORIO O TRABALLO FEITO POLO EQUIPO DE SOCORRISTAS ESTES MESES.

Burela, 1 de setembro de 2012. O equipo de goberno burelés ven de anunciar que o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de A Marosa, Portelo e Ril rematará de forma efectiva o luns, día tres de setembro. Durante estes dous meses anteriores, Burela contou cun total de dez socorristas, todos eles subvencionados pola Xunta de Galicia ao cen por cen do seu custo.

Segundo o equipo de goberno “o traballo feito polos socorristas no que vai de verán cabe cualificalo de moi satisfactorio e eficaz, porque se levou a cabo unha labor preventiva, e porque os incidentes foron escasos e na súa inmensa maioría leves. Por eso que tamén desde o Concello agradecen a colaboración cidadá para que o uso e disfrute das praias se faga de forma ordenada”.

Finalmente, e tendo en conta que aínda poden vir días que permitan o baño nas praias, o goberno municipal pon especial énfase en solicitar que se extreme a precaución á hora de bañarse a partires de luns, ante a ausencia de socorristas, para evitar calquera tipo de incidente.

As dotacións das praias continuarán aínda durante unhas semanas.

Exit mobile version