La Secretaría Xeral de Igualdade subvenciona con 19.404 €. Esta ayuda se destina a costear el pago del personal técnico del Centro.
Es la primera vez que desde Igualdade se subvenciona este recurso, a la hora de valorar la ayuda lo que se ha tenido en cuenta es que este Centro es el único recurso específico para mujeres con el que cuenta la Mariña y con esta colaboración junto con las de la Consellería de Traballo e Benestar, permitirá que se pueda acoger a cualquier mujer en situación de exclusión.
Este Centro es además el único de los de su tipología que funciona por Unidades Familiares Independientes (cada familia cuenta con una vivienda independiente), lo que facilita que cada Unidad reciba los apoyos y ayudas que necesita independientemente, ya sea violencia de género, desamparo económico etc.
————
IGUALDADE CONCEDE 19.400 EUROS AO CENTRO DE ACOLLIDA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDAD DA CONGREGACIÓN FILLAS DO DIVINO CELO
A titular do departamento, Susana López Abella, celebrou esta mañá unha xuntanza coas responsables do centro ubicado en Burela (Lugo), na que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José González Barcia
Burela, 11 de setembro de 2012.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza coas responsables do centro de acollida María Nazarena da Congregación Fillas do Divino Celo en Burela (Lugo), na que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José González Barcia. Durante a reunión, a titular de Igualdade interesouse polo programa que desenvolve o centro de acollemento a mulleres inmigrantes en situación de vulnerabilidade e emerxencia social, para garantir a cobertura das súas necesidades básicas de aloxamento e manutención e as dos seus fillos e fillas menores. A asistencia prodúcese por un periodo máximo de seis meses, que pode prorrogarse de xeito excepcional, e compleméntase cun proxecto individualizado de intervención co obxectivo de apoiar o proceso de integración das usuarias.
A Secretaría Xeral da Igualdade ten concedido este ano unha subvención de 19.404 euros ao centro de acollida María Nazarena, no marco da convocatoria anual para entidades de iniciativa social que levan a cabo programas específicos dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, así como programas de apoio a mulleres xestantes e lactantes. O importe total destas axudas ascende este ano a 889.583 euros, dos que se teñen beneficiado un total de 55 entidades de Galicia, das que 7 son da provincia de Lugo.
Os colectivos beneficiarios dos programas desenvolvidos ao abeiro desta convocatoria de Igualdade son grupos de mulleres en situación de exclusión especial; mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social, tales como reclusas ou drogodependentes; mulleres en situación de especial protección, como anciáns soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes ou pertencentes a minorías étnicas; vítimas de violencia de xénero e mulleres xestantes e lactantes, a través de programas de acompañamento social, apoio psicolóxico, asesoramento e busca de emprego ou medidas de apoio urxente.