Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de agricultura ecolóxica nos centros de rehabilitación da asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña”

COMEZO DO CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA APLICADA ÓS INVERNADOIROS NOS CENTROS DE REHABILITACIÓN DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA :

As cifras oficiais establecen que case 40.000 galegos padecen algunha enfermidade mental, pero, según os expertos, o número de pacientes que sufren patoloxías psiquiátricas severas, como trastorno bipolar ou esquizofrenia nos seus múltiples tipoloxías, é moito maior.

De feito, a Organización Mundial da Saúde (OMS), sostén que a prevalência desta última doenza ronda o 1% com unha incidência anual de 10 a 15 casos novos por cada 100.000 habitantes.

Hoxe em dia, ainda existe um alto rechazo , e esta é unha circunstancia que afecta ás persoas com um trastorno mental incluso mais que a propia enfermidade, posto que o feito de sentirse marcadas pólos prexuizos dificulta que acepten a súa nova situación.

Por iso, dendê os Centros de Rehabilitación Psicosociais e Laborais “A Marina”, traballamos todas as áreas referentes os nosos usuários: área psicolóxica, área social e área prelaboral.

Nesta última área é onde enmarcamos o curso que se inicia mañá: “AGRICULTURA ECOLÓXICA APLICADA ÓS INVERNADOIROS”.

Este curso será subvencionado póla Xunta de Galicia, Consellería de Médio Rural, e terá unha duración de 48 horas, onde participarán 18 usuarios.

O obxetivo xeral é que os participantes melloren o seu curriculum vitae, para unha maior integración no mercado laboral ordinário ou bem protexido.

Em canto os obxetivos específicos pretendemos: mellorar a estabilidade clínica dos enfermos mentais que participan ademais da adquisición de habilidades sociais e técinas pré-laborais.

A metodoloxía será teórico-práctica e o temário foi coidadosamente formulado póla Enxeñeiro Técnico Agrícola que impartirá o curso.

Como directora técnica xeral dos Dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A MARIÑA”, teño que salientar que impulsando a participación nestas actividades, perséguese favorecer as habilidades sociais , de tódolos participantes ademais de aumentar a súa autoestima e mellorar a súa calidade de vida.

Exit mobile version