O Concello de Cervo quere facer público o seu apoio aos traballadores de Alcoa e á permanencia da factoría na Mariña. Por este motivo, anuncia que apagará o alumeado público entre as 21:30 e as 21:45, secundando así a convocatoria do comité de empresa para reivindicar unha tarifa eléctrica axeitada ás necesidades da planta.