CALADE, HOXE E UN DIA TRISTE.
A pleitesía que rende o Goberno español a Merkel abócao a que a súa única capacidade de decisión consista en elixir as áreas que sufrirán recortes. Con todo, parece que esta situación non molesta a Rajoy, porque casa, en xeral, cos valores desa delirante dereita anti-moderna que atopou refuxio en Xénova e na Moncloa, e que consisten, entre outros, en reducir custe o que custe o tamaño do Estado. Por iso, non sorprende que Rajoy inste ao persoal sanitario a que se faga tan inmoral como el e desatenda aos “sen papeis”.
“Estamos en crise”. Dio o Goberno, dio Europa, dio a prensa, dino os sindicatos, ata o din os bancos, pero sobre todo dino os case 6.000.000 de parados, os centos de miles de funcionarios que viron recortado os seus soldos, as familias que perderon os seus fogares por non poder enfrontar o pago da hipoteca, os mozos que non poderán estudar porque as bolsas víronse reducidas drasticamente, os xubilados que logo de moitos anos de traballo e cunha pensión xustiña, que certamente e inxusta, teñen que co-pagar os seus medicamentos, a xeración, que dicen, mellor preparada deste país que está emigrando en busca de traballo….mentres vivir, subsistir neste país é cada día máis difícil, por non dicir imposible!!
Hoxe é un día triste. É o día no que se rompeu un dos principios básicos que deron tanto prestixio ao noso sistema sanitario. Xa non é universal.
Comézanse a crear guetos sanitarios con mais de 900.000 persoas excluídas deste dereito fundamental. E o mais triste de todo é que non hai un porqué de peso que o sosteña. Sanitariamente é un despropósito. Economicamente vai saír o tiro pola culata. Organizativamente é un caos.
Hoxe é un día para estar tristes. É un día de loito. É un día para a vergoña.
Otero Regal