Site icon Crónica3.com A Mariña

Atoparon traballo o 52% das persoas inscritas na bolsa de emprego do concello de Burela no segundo trimestre

O 52% DAS PERSOAS QUE SE DERON SE ALTA NA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE BURELA NO SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO ATOPARON TRABALLO.

Burela, 20 de setembro de 2012. O departamento de emprego do Concello de Burela, que dirixe José Casas, está a facer unha valoración da súa labor durante o segundo trimestre do ano. Desta avaliación desprendese datos alentadores xa que dos participantes que se deron de alta na bolsa de emprego do Concello no segundo trimestre do ano 2012, acadouse unha porcentaxe de inserción laboral do 52%. Do 48% restante, máis da metade estiveron traballando de forma intermitente durante a campaña estival, principalmente no sector da hostalería e nos servizos. O perfil maioritario de insertad@s corresponde a mulleres con estudios básicos, con escasa ou nula experiencia laboral.

A Concellería de Emprego pon en marcha esta semana talleres grupais para a busca activa de emprego. Segundo explica José Casas “estes talleres teñen por obxectivo proporcionar as ferramentas necesarias para acadar autonomía na mobilidade dentro do mercado laboral, deseñar un plan de acción de busca activa de emprego, adquirir hábitos nesta busca, coñecer e aprender a utilizalas ferramentas necesarias para a busca de emprego, dotar aos asistentes de coñecementos básicos e técnicas para buscar emprego nas redes sociais, webs de emprego, buscadores, directorios… Utilizar técnicas de busca de emprego activas orientando a actuación no mercado laboral de acordo coas propias capacidades e intereses nun itinerario profesional coherente”.

Onte mércores deu comezo o primeiro destes talleres en horario de 10 a 13 horas na sede do departamento de Emprego do Concello. Todas aquelas persoas que queiran participar nos vindeiros talleres que se van organizar poden informarse nas oficinas sitas en Avda. Arcadio Pardiñas, nº 137, entrechan, de Burela ou no número de teléfono 982 58 16 30.

Exit mobile version