AS TRES COPAS ACADADAS POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL NO 2008, 2010 E 2012 ESTARÁN EXPOSTAS O VINDEIRO MARTES, 4 DE SETEMBRO, EN BARREIROS.
Os trofeos do combinado de Vicente del Bosque estarán expostos no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro durante toda a xornada do martes en horario de 11 a 14 horas e 17 a 20 horas, para todos aqueles amantes do fútbol e en especial da enerxía roja que se queiran acercar para inmortalizarse xunto ao máximo recoñecemento acadado polo fútbol español.
Os trofeos que van estar expostos ao longo da xornada son: Eurocopa do 2008 disputada en Austria e Suiza, Copa do mundo 2010 acadada en Sudáfrica e a Eurocopa do 2012 acadada o pasado mes de xuño en Kiev.
Segundo explican desde o Concello de Barreiros “os obxectivos desta mostra, que leva percorrendo varias ciudades e pobos do territorio español dende os últimos meses, son transmitir os valores de cercanía, popularidade, traballo en equipo, esforzo, éxito e internacionalidade característicos da selección española de fútbol”.
Este evento está organizado pola Federación Española de Fútbol a través da Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Barreiros. A exposición foi presentada nas últimas horas polo alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e polo xefe territorial de Deportes, Manuel Otero.