1ª xornada de LNB
Para combater a incomprensíbile tristeza dos ídolos con pes de barro, da que tódolos medios de comunicación se fan eco, nos propoñemos una solución inmediata:
Xogar a billarda!!
So una pega, aquí non se cobra, ninguén nos da un peso, peró non existe mellor maneira de pásalo tempo. Fas deporte, coñeces amigos, compartes uns pinchos, fas música e trouleas canto qués, escarallaste a risa…
En Burela o vindeiro sábado 22 de setembro, as catro e media da tarde dara comezo no CEIP Vista Alegre a tempada 2012-2013 de Billarda na conferencia NorLeste, tendo xa escomenzado na conferencia Rías Baixas (antes Salnés) e na do Centro e a piques de comenzar tamén no NorOeste e no Sur.
A LNB esta aberta a incorporación de novos palanadores, polo que “si estás triste” e non pensas no diñeiro (que polo que se bén vendo derradeiramente, non é sinónimo de ledicia), xúnguete o carro e esfoga a túa carraxe a paus contra a billarda. Por riba de ceibar presións, tera-la ocación de pásalo de medo. Isto é como as cereixas, picas una e vas por outra e outra e outra…
E si non te ves capaz de comezar competindo na 1ª xornada puntuable, podes aproveitar o domingo 23 en Piñeira para iniciarte. En terreos do polígono e co gallo das festas do Santo Cristo, celebraremos as cinco da tardiña un aberto amigable para tódolos que se queiran achegar. Haberá material deportivo disponible (palans e billardas).