Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade da Mariña organiza dous obradoiros de Linguaxe e Redacción Administrativa Galega

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza para o mes de setembro dous Obradoiros de Linguaxe e Redacción Administrativa Galega dirixidos aos empregados da Administración local dos concellos mariñaos coa finalidade de reciclar e actualizar os coñecementos de linguaxe administrativa galega. Este obradoiro será impartido pola técnico do Servizo de Normalización Lingüística desta Mancomunidade, profesora colaboradora da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Un obradoiro impartirase no Concello de Burela e será todos os martes e xoves do mes de setembro, de 8.00 a 9.30 h, na Casa da Xuventude de Burela. Comezará o martes 4 de setembro e rematará o xoves 27 de setembro de 2012.

O outro obradoiro impartirase no Concello de Trabada e será todos os luns e mércores do mes de setembro, de 8.00 a 9.30 h, no Centro Cultural de Trabada. Comezará o mércores 5 de setembro e rematará o luns 1 de outubro.

Estes dous obradoiros organizáronse logo de informar aos Concellos que integran a Mancomunidade, podéndose anotar o funcionariado interesado. De houber máis persoas interesadas, poden chamar ao número 982 140 675 ou ben enviar un correo ao enderezo electrónico snlmarinhalucense@hotmail.com.

Exit mobile version