A Deputación empregará todos os recursos técnicos antes de suprimir a paga extra ós empregados públicos
-Por vez primeira na historia da Comunidade Autónoma, unha administración local solicitará informe á Xunta para que llo traslade ó Consello Consultivo de Galicia como consulta facultativa
-Con este ditame do Alto Órgano Consultivo, a Deputación quere garantir a seguridade xurídica antes de ter que suprimir a paga extra, tal e como impón o goberno de Rajoy
A Deputación de Lugo agotará todos os recursos técnicos existentes antes de ter que suprimir a paga extra ós empregados públicos, tal e como obriga o Real Decreto Ley 20/2012 imposto polo goberno de Mariano Rajoy. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou esta tarde que a institución está a analizar “todas as alternativas para, dentro do sistema e sen incurrir en ilegalidades nin fraudes de lei, podamos protexer no posible os dereitos adquiridos polos empregados públicos”.
Con este obxectivo, o Presidente xa solicitara ós servizos correspondentes da Deputación de Lugo unha profunda análise desta situación, así como a existencia ou non doutras vías legais. Este mes dará un paso máis “ó solicitar oficialmente á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia que analice a proposta que lle remitirá a Deputación para que, previa emisión do seu correspondente informe, podamos obter o ditame facultativo do Consello Consultivo de Galicia”.
Polo tanto, por vez primeira na historia da Comunidade Autonóma, e dada a relevancia e complexidade do asunto, unha administración local empregará, conforme ó procedemento explicado polo propio Consello Consultivo de Galicia, este recurso público para garantir a máxima seguridade xurídica.
O Consello, como órgano superior consultivo da Comunidade Autónoma, é unha institución de natureza xurídica que, con carácter xeral, actúa preceptivamente na súa función de control xurídico de todas as Administracións Públicas de Galicia. Entre as súas funcións, destaca a de solventar dúbidas xurídicas, con carácter facultativo, cando estas teñan a suficiente complexidade ou relevancia. No caso de que as interesadas sexan as administracións locais, sempre deben solicita o seu ditame a través da Consellería competenten en Administración Local, recurso que estrea a Deputación.