TRABALLO DESTINA MÁIS DE 170.000 EUROS PARA O DESENVOLVEMENTO DE CATRO CURSOS DE FORMACIÓN NO CONCELLO DE BURELA
? A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, achegouse hoxe ata o Centro de Formación Ocupacional de Burela, onde mantivo un encontro cos alumnos do curso de operacións de grabación e tratamento de datos e documentos
? Esta formación acreditable permitirá aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal
Burela (Lugo), 20 de setembro de 2012.- A Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, investiu máis de 130.000 euros no desenvolvemento de catro cursos de formación para 15 persoas desempregadas no concello de Burela.
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, achegouse hoxe ata o Centro de Formación Ocupacional da localidade, onde mantivo un encontro cos alumnos dun deste cursos, en concreto, o de operacións de grabación e tratamento de datos e documentos, cun orzamento de 54.270,20 euros.
Ademáis, o concello conta con outros tres cursos de formación: un sobre atención especializada para enfermos de alzhéimer cun orzamento de 29.796,12 euros; un de auxiliar de enfermería en xeriatría, cun orzamento de 37.709,39 euros; e outro de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, cun orzamento de 51.105,20 euros.
Esta formación acreditable permitirá aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal, que, ao mesmo tempo, terá efectos académicos no eido do sistema educativo e profesionais recoñecidos na lexislación vixente.
Coa programación para o 2012 seguirase a incrementar a formación acreditable, dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade. Trátase dunha orde de axudas acordada cos axentes sociais.