Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela defende a continuidade de Alcoa na Mariña e recorda que a súa actividade é un 35% do PIB da provincia

ACIA BURELA DEFENDE A CONTINUIDADE DE ALCOA.

Alcoa sumouse ao apagón

Alcoa, antes de apagar alumeado

A factoría Alcoa San Ciprián é o gran referente económico da Mariña Lucense; o desenvolvemento social e económico experimentado na comarca e en concreto no noso termo municipal, Burela, nas últimas tres décadas vai parello o seu asentamento e desenvolvemento industrial.

Multitude de servizos, hoxe consolidados, derivan da fixación de poboación atraída polas posibilidades de traballo, xa directamente na propia factoría ou ben nas empresas auxiliares. Ditos servizos surxiron para dar resposta á activación do mercado laboral derivada da actividade do complexo industrial.

Por outra banda, aos postos de traballo vinculados á actividade, directa ou indirecta, do complexo industrial, hai que engadir sen lugar a dúbida outros moitos dos sectores: industrial (talleres: mecánicos, de fundición…), servizos (comercio, hostelería…), sanitario (Hospital de la Costa), educativo…

O impacto económico que xenera no seu entorno a actividade do complexo industrial queda reflictido no Producto Interior Bruto (PIB) provincial, estimado segundo a Cámara de Comercio de Lugo en arredor do 35%.

Por todo elo, e pola calidade do equipo humano que conforma a plantilla da factoría, avalada nas tarefas de voluntariado levadas a cabo en diversas actuacións de acción social, queremos transmitirlle o noso apoio e convidar a todos os nosos asociados a participar na concentración que terá lugar hoxe, na Plaza do Concello de Burela ás 21:30 h. e sumarse ó apagón convocado entre as 21:30 h e as 21:45 h. desta noite.

Directiva de ACIA Burela

Exit mobile version