Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello recepciona a rede de saneamento de Cervo con canalizacións independentes para residuais e pluviais

O Concello recepciona a rede de saneamento de Cervo que inclúe canalizacións independentes para residuais e pluviais

-A separación permitirá minimizar o risco de asolagamentos, que se teñen producido en Cervo cando se rexistran chuvias fortes

Cervo, 31 de agosto de 2012-O Concello recepcionou a obra da rede de saneamento do núcleo de poboación de Cervo financiada por Augas de Galicia. Técnicos do organismo e da empresa construtora encargada dos traballos entregaron a rede ao Concello, administración que a partir de agora encargarase da súa xestión e mantemento.

A nova rede de saneamento de Cervo conta con canalizacións separativas de recollida de augas residuais e pluviais, o que permite que existan dúas tubaxes independentes, unha para a auga procedente dos fogares e outra para a auga da chuvia. Con esta medida, “se pretende minimizar el riesgo de inundaciones que en los últimos años se vienen produciendo en el núcelo de Cervo cuando se registran fuertes lluvias” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

Ao mesmo tempo que se facía o recepcionamento da obra, a edil, técnicos de Augas de Galicia e da construtora visitaron a depuradora de Cervo, que tamén forma parte do proxecto de saneamento do núcleo e que foi posta en funcionamento hai aproximadamente un mes. Da súa xestión e mantemento encargarase Augas de Galicia durante os dous próximos anos.

A EDAR dispón dun sistema innovador de depuración ecolóxica que utiliza un filtro de plantas acuáticas en flotación que se encargan de eliminar os micoorganismos e outros elementos.

Deste xeito, unha vez que a auga chega á EDAR recibe un pretratamento, no que se separan principalmente os elementos sólidos e outros líquidos diferentes á auga como aceites. Despois é derivada a unha plantación de macrofitas, que absorben os elementos contaminantes que quedan na auga para que despois sexa vertida ao río Xunco en perfectas condicións. “Los últimos análisis del agua tratada con esta EDAR indican resultados óptimos de depuración y siempre cumpliendo los niveles recomendados polas directivas comunitarias” engade Alonso. Ao mesmo tempo, este sistema con plantas acuáticas permite aforrar enerxía.

A EDAR de Cervo está proxectada para unha poboación de 1.500 persoas, polo que foi realizada pensando nun posible crecemento do número de habitantes e tamén para atender a demanda nas temporadas nas que o núcleo ve incrementada a súa poboación, como as épocas festivas e de vacacións.

Exit mobile version