Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 80 persoas participarán no “Forum de innovación e formación sobre vehículos” en Ribadeo

MÁIS DE 80 INSCRITOS DE GALICIA, ASTURIAS E CASTELA-LEÓN NO I FÓRUM DE
INNOVACIÓN E FORMACIÓN SOBRE VEHÍCULOS QUE SE CELEBRARÁ EN RIBADEO DO 29
AO 31 DE AGOSTO. O EVENTO INCLÚE UNHA EXPOSICIÓN DE COCHES.

Ribadeo, 16 de agosto de 2012. Máis de 80 persoas están inscritas para participar en
Ribadeo no I Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se desenvolverá do 29
ao 31 de agosto. O evento está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de
Galicia que preside o ribadense Álvaro Doural.
O presidente de A.P.A.G.A confirmou esta mañá que “estamos xa, máis ou menos, nos 80
inscritos, que é un número moi bó, tendo en conta as datas nas que se vai celebrar. Polo
espazo que temos para o desenvolvemento desta actividade aínda contamos coa
posibilidade de meter a 15 ou 20 persoas máis”. Ao I Fórum de Innovación e Formación
sobre Vehículos acudirán “xente do sector, moi pouca, e tamén alumnos, pero a maioría son
profesores da provincia de Lugo e tamén de Zamora, Salamanca, Asturias, etc”. O 26 de
agosto péchase a inscrición, que se pode realizar a través da páxina web www.apaga.es
Además das ponencias e obradoiros que haberá do 29 ao 31 de agosto, este I Fórum
acollerá tamén unha exposición de coches. Álvaro Doural explicou que “cando iniciamos o
diseño deste fórum decidimos incorporar unha nova experiencia, que é a visita dunha marca
de coches determinada, Peugeot, que vai traer Ribadeo toda a gama de vehículos novos que
ten e algúns de segunda man. A exposición empezará co fórum e seguirá aberta ata o
domingo 2 de setembro”.
Entre os asuntos que se abordarán no I Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos
figuran “o tema que está aí no día a día é o referido aos vehículos eléctricos, vehículos
híbridos, éste terá un peso importante, así como outro tipo de tecnoloxías e motorizacións
novas que se están a colocar en vehículos industriais. Haberá obradoiros para coñecer cómo
se diagnostica e como se mantén ese tipo de vehículo eléctrico. É moi interesante para toda
a xente participante e para aqueles que neste momento teñen híbridos, que acaban de
compralos, é interesante velos alí. Vai vir un técnico moi posto nese tema que é Fernando
Morales, un compañeiro noso de Pamplona, que estará dúas tardes explicando todo este
asunto”

Exit mobile version