A Asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ) e o Hotel Nordés organizan, hoxe, 31 de agosto de 2012, unha jam session que terá comezo ás 22:30 horas na terraza de dito hotel. A jam session, coordinada polo vibrafonista de jazz burelés Israel Arranz, contará con un grupo base formado por membros de AMAJAZZ. A Asociación Mariña Jazz e o Hotel Nordés animan a todo o mundo a acudir ao evento, tanto aos que desexen disfrutar en directo de standards de jazz coma ós músicos da comarca que queiran participar nela.