SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez , presenta o seguinte
ROGO
Dende fai un tempo está a suceder no noso pobo un goteo constante de atracos, e así o recollen os medios de comunicación numerosos casos de atracos producidos tanto en fogares como en comercios locais coas consecuencias de perdidas económicas, sicoses e impotencia que nos fai sentir a situación.
A administración Local, ten que xogar un papel importante en esta situación e fortalecer a seguridade cidadá, con formulas de cooperación das diferentes forzas do orden, Garda Civil, Policía Local, colaboración cidadá…e mesmo artellar formulas de cooperación entre as policías Locais de concellos limítrofes.
A xunta de Seguridade Local, non pode ser un mero espectador de esta situación, nin os acordos poden ser papel mollado .
Por todo o exposto mediante o seguinte ROGO, solicitamos reunión urxente da Xunta de Seguridade Local, para o deseño e posta en práctica de medidas para fortalecer a seguridade cidadá para os nosos veciños.
Jaime Cancio Rodríguez
Expón:
Que con data 31 de maio do presente ano, se aprobou inicialmente a IMPOSICIÓN E ORDENANZA DE TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS.
Que en estes momentos figura en período de exposición pública para consulta e presentación de reclamacións.
Que a mencionada ordenanza no seu artigo 3 (Devengo) recolle a obrigatoriedade de devengo nos casos de que “teña establecido e en funcionamento o servizo municipal obxecto da presente regulación “, sen recoller a posibilidade de que o veciño poda ou non ter o servizo, por razóns técnicas.
Que a ordenanza tería que contemplar exencións para os veciños que aínda residindo nunha zona onde se dispón do servizo, por razóns de cotas de nivel non pode dispoñer do servizo.
Que non se pode considerar de igual xeito que un veciño dispoña de servizo na zona e non teña conectado que ese mesmo veciño non poda dispor do servizo por razóns técnicas debidamente xustificadas como pode ser a cota de nivel, que podería obrigar ao veciño a instalar pola súa conta grupos de bombeo.
Que a mencionada taxa no seu artigo 6º recolle que a cota tributaria será en función da cantidade de auga consumida, e non ten en conta os veciños que utilicen o servizo e non teñan conectados a auga de traída municipal, sen especificar como se resolverá estas situacións.Por todo o exposto
Presenta RECLAMACIÓN contra a aprobación da IMPOSICIÓN E ORDENANZA DE TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS, e SOLICITA se modifique nos apartados expostos por considerar non se axusta a xustiza e ser claramente discriminatoria para os veciños.