As festas do Carme “son de todo o pobo, independentes de calquera ideoloxía ou opción política e a comisión organizadora está aberta á participación de todo o mundo e composta por un grupo de xente plural”
BALSEIRO LAMENTA O INTENTO DO PSOE DE POLITIZAR AS FESTAS DE SAN CIPRIÁN
O presidente da comisión organizadora sinala que non vai a entrar a dar resposta ás críticas dos socialistas porque considera que a política debe manterse á marxe da celebración das patronais.
San Ciprián 12 de xullo de 2012.- O presidente da Comisión de Festas do Carme e Maruxaina de San Ciprián, Jose Manuel Balseiro, pediulles aos dirixentes socialistas que, por respecto ao conxunto dos veciños, manteñan a política á marxe da celebración das festas patronais.
“Creo que é un gravísimo erro mesturar política e festas e polo tanto, non vamos a entrar neste xogo, non hai nada que contestar ás críticas socialistas que está claro están cargadas de prexuízos partidistas”-indicou.
Balseiro lembra que as festas na honra da Virxe do Carme que se celebran estes días “son de todo o pobo, independentes de calquera ideoloxía ou opción política” e sinala que “a comisión organizadora está aberta á participación tamén de todo o mundo e composta por un grupo de xente plural, onde toda axuda é pouca”.
“Pídolles que deixen á política a un lado, por respecto aos veciños e aos integrantes da comisión que desinteresadamente están traballando e ofrecendo o seu tempo para que todos disfrutemos”. Fraco favor fan “nesta obsesión que teñen algúns por mesturar todo coa política” -dixo Balseiro- “Estou seguro que non serían capaces de comportarse así se non fora eu quen son e se eles tiveran experiencia na organización dunha cita como a das patronais de San Ciprián, nun momento de crise e de imprescindible austeridade, que seguro todos os veciños comprenden”.