XII VELADAS DE TEATRO NO SOUTO e V EXPRESS-arte en CERVO
.
Souto de Cervo ás 9,30 horas da noite os días 2, 3, 4, e 5 de Agosto para disfrutar con entrada gratuíta das Veladas de Teatro e en EXPRESS-arte que este ano cumpre a súa quinta edición.
Ámbolos dous eventos ,creados e organizados co esforzo dos membros do grupo de teatro O Bordelo, contan dende hai uns anos con escenario e aforo para o público totalmente protexidos das posibles inclemencias do tempograzas á colaboración do Concello de Cervo.
Cada noite, ás 21, 30 horas se abre Express-arte, a ventá da creatividade artística para ofrecer oportunidades aos que comezan ou honrar aos que xa o merecen e a continuación deste aperitivo érguese o telón para ofrecer pezasteatrais galegas e asturianas.
A programación de este ano será a seguinte:
Xoves, día 2 de agosto : 21,30 horas
* V EXPRESS-arte: AS VERBAS DO RAMO, por Teatro O Bordelo Espectáculo curto creado por por Francisco Piñeiro para o Ciclo : “Que non calen os eidos”baseado nas obras de Manuel Leiras Pulpeiro e de Noriega Varela,
* XII VELADAS DE TEATRO NO SOUTO
Teatro ARDORA de San Cibrao presenta ACERNOS, dirixida por María Paz Rodríguez Silva; escrita por Francisco Piñeiro. “Acernos”, , presenta unha reflexión cómica da tráxica realidade actual na que os pilares
máis básicos do sistema están a sufrir graves feridas na mesma cerna.
Venres, día 3 de agosto : 21:30h.
* V EXPRESS-arte : MÚSICOS DA TERRA: TOÑITO DE RÚA
A cordeonista cunha traxectoria musical memorable; esforzado mantedor da tradición e representante da escola creada por Eladio Maseda no Concello de Cervo .
* XII VELADAS DE TEATRO NO SOUTO
Teatro A ADALA de Fazouro presenta ATOADOS .
“ATOADOS” é unha comedia escrita e dirixida por Francisco Piñeiro alegórica á perda dos valores familiares máis tradicionais ,a falta do respecto ós bens públicos comunitarios en aras dun individualismo impropio do ser humano.
Sábado, día 4 de agosto : 21:30h.
* V EXPRESS- arte: ALMUDENA CUADRADO (Alfoz)
A voz en directo dunha moza cunha capacidade de superación extraordinaria que ofrecerá un concerto con varios ritmos da música moderna
*
XII VELADAS DE TEATRO NO SOUTO
Teatro CARBAYIN
(Siero ) Asturias presenta: “DISPARATE A LA ASTURIANA” orixinal de José Ramón Oliva , escritor prolífico, actor e director , creador de múltiples obras das que se nutren varios grupos teatrais do occidente astur.
Domingo, día 5 de agosto : 21:30h.
* V EXPRESS- arte:Recital poético-musical: JACOBO CASAL Poeta laureado de Espiñeirido cunha sensibilidade artística extraordinaria.
*
XII VELADAS DE TEATRO NO SOUTO
Teatro O BORDELO de Cervo presenta FUME DE CAROZO.
Fume de carozo , escrita e dirixida por Francisco Piñeiro convida a buscar unha saída á situación de crise actual na cal aterramos por levar un tren de vida demasiado acelerado
—————–
Teatro, música e poesía completan o programa das XII Veladas de teatro no Souto e Express+arte
-Desenvolveranse os días 2, 3, 4 e 5 de agosto a partir das 21:30 horas na praza do Souto
As xornadas comezan con Express+arte, un escaparate que cada día ofrece un espectáculo diferente, dende teatro, música tradicional, moderna ou poesía. Ao remate empezarán as Veladas de teatro, nas que actuarán grupos locais, da Mariña e de Asturias.
As actividades arrincan este mesmo xoves, cunha breve peza teatral titulada “Verbas do ramo” interpretada polo grupo O Bordelo, co que conmemoran o centenario da morte do escritor Leiras Pulpeiro. A continuación, Ardora de San Ciprián presentará a obra “Acernos”, que tamén está vinculada ao poeta mindoniense, xa que inclúe algúns versos seus.
O programa continuará o venres coa actuación musical do acordeonista Toñito de Rúa e o grupo teatral A Adala de Fazouro. O sábado estará en Cervo a cantante de Alfoz Almudena Cuadrado e os asturianos Carbayin, cunha peza titulada “Disparate a la Asturiana”. O domingo será o último día das Veladas de Teatro e Express+arte, no que sairán a escena Jacobo Casal, de Espiñerido, que ofrecerá un recital poético-musical e O Bordelo de Cervo co seu “Fume de carozo”.
Para a edil de Cultura, Begoña Alonso, “estas citas artísticas y culturales en la praza do Souto tienen numerosos atractivos, desde el cartel, que siempre incluye actuaciones y espectáculos de interés, pasando por el escenario”. Para Alonso “es todo un lujo poder salir a la calle a disfrutar de la cultura al aire libre en las hermosas noches de verano”. E ao mesmo tempo, a edil destaca “el papel de promoción de grupos y artistas locales y de la Mariña, sin olvidar a los grupos asturianos, que gustan mucho al público cervense”.