O HOTEL BURELENSE PRESENTA UN PROGRAMA CONTINUO DE EVENTOS ATÉ O MES SE SETEMBRO
A TERRAZA DO HOTEL NORDÉS ABRE ESTE VENRES OS SEUS ‘PLANS DE VERÁN’ EN BURELA
A Terraza de Verán do Hotel Nordés (Burela) programou para este verán un completo plan de actividades de lecer que se abre este fin de semana coa súa ‘Festa de Benvida do Verán’, con churrascada, actuación en directo do Grupo Mayel e queimada gratis para todos os asistentes.
“Tes plan para o verán? Aquí temos plans para ti…”. A campaña de lanzamento da Terraza de Verán do Hotel Nordés ataca a unha das escusas típicas de mariñáns e turistas durante os meses de verán. Este hotel de Burela presenta unha alternativa lúdica ás festas de campo, ás romarías ou ás noites de discoteca.
A Terraza de Verán do Hotel Nordés está situada a pé da praia de Portelo, en Burela. Este venres pola noite celebra o seu ‘Gran Festa de Benvida de Verán’, con churrascada, actuación musical do Grupo Mayel e o seu ‘Polvorete’, e queimada gratis para todos os asistentes. Para completar este primeiro fin de semana do mes de xullo, o sábado a Terraza do Nordés únese á celebración da I Festa Castrexa de Burela, ofrecendo un menú especial castrexo a todos os seus clientes.
Desde este venres 6 de xullo programaron eventos para as noites de xoves a sábado, organizando cada semana festas temáticas, actuacións musicais, queimadas gratuítas, churrascadas, actuacións de maxia e monólogos, degustacións de cocktails, xenebra e cervexa, etc.
Do que se trata é que os veciños de Burela, así como todos os visitantes da comarca da Mariña, poidan dispor de novas alternativas para organizar os seus plans deste verán…