Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP insta ao BNG a explicar cal é o custe da festa do “todo gratis”

Os populares censuraron que en época de crise e desemprego o Bloque comarcal derroche un elevado orzamento en comilonas, xogos populares e concertos musicais

O PP insta ao BNG a explicar cal é o custe da festa do “todo gratis”

 Jose Manuel Balseiro di que os cidadáns que o están a pasar mal observan con resignación como no BNG están a divertirse e festexar por todo o alto a crise e sinalan que a cidadanía ten dereito a coñecer cal vai a ser o gasto que se vai a facer nesta actividade.

Lugo, 5 de xullo de 2012.- O Partido Popular a través do seu secretario xeral na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, insta ao BNG a facer público cal é o custe da festa que baixo o reclamo de todo gratis celebran os nacionalistas hoxe xoves e mañá venres na localidade de Viveiro.

EXPLICACIÓN ANTE OS CIDADÁNS

Os populares consideran que nun contexto de crise e desemprego aqueles cidadáns que o están a pasar mal observan con resignación como no BNG están a divertirse e festexar por todo o alto a crise e sinalan que a cidadanía ten dereito a coñecer cal vai a ser o gasto que se vai a facer nesta actividade.

De feito resulta rechamante como unha formación política con escasa representación institucional dispón de tanto diñeiro para garantir a gratuidade total nunha xornada festiva na que hai previstas actuacións musicais, xogos populares, atraccións e unha xantar aberto a todo aquel que queira sumarse, e polo tanto, cun gasto que pode ser moi elevado en función do número de comensais que participen.

O Partido Popular mantén a súa postura adiantada no día de onte e censura que en época de crise e desemprego, o BNG comarcal da Mariña derroche o seu orzamento nunha xornada festiva baixo o lema de “todo gratis” cos que os nacionalistas pretenden festexar a delicada situación económica pola que pasan as familias e o conxunto do país.

O BNG da Mariña -cuxa coordinadora comarcal dirixe o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Veiga- está no punto de mira da cidadanía polos seus actos e polo uso que está a facer dos que parecen ser uns abundantes recursos económicos con fins propagandísticos e partidistas.

TODO GRATIS

Os populares subliñan por exemplo que chama a atención como o espectáculo musical gratuíto se corresponde coa actuación dun grupo que contrata repetidamente coa Deputación de Lugo a tra´ves da Vicepresidencia primeira. e que pese a su elevado caché actúa para o BNG baixo o reclamo dun espectáculo de balde. “A nós estas persoas nos parecen uns grandes profesionais, e nos parece ben que actúen, a pregunta é canto custan estes espectáculos”.

Exit mobile version