Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo manifesta a súa adhesión a manifestación en apoio ao mantemento do emprego e a continuidade da empresa Alcoa

O PP DE RIBADEO MANIFESTA A SÚA ADHESION Á MANIFESTACION QUE TERÁ LUGAR MAÑA EN APOIO AO MANTEMENTO DO EMPREGO E A CONTINUIDADE DA EMPRESA ALCOA EN SAN CIBRAO.

Conscentes da importancia que a factoría ALCOA ten para o desenvolvemento da nosa Vila e do conxunto da comarca da Mariña, Jesús López Penabad, Presidente do PP de Ribadeo, acompañado doutros membros desta agrupación política, trasladarase mañá a Viveiro para manifestar coa sua presencia o apoio de todo o PP de Ribadeo á manifestación convocada polo comité de empresa de ALCOA

Se a preocupación do PP de Ribadeo pola continuidade da actividade da factoría xa se facía patente fai uns meses, cando a través do noso Grupo Municipal no Concello presentabámos, en liña co feito polo PP tanto no Parlamento Galego como noutras Institucións, unha MOCIÓN INSTANDO DO GOBERNO CENTRAL UNHA REBAIXA DAS TARIFAS ELÉCTRICAS como medida para garantir a continuidade da actividade da factoria ALCOA na comarca, agora, convencidos de que só dende a unidade de todos os axentes implicados, institucións, agrupacións, asociacións… se pode acadar grandes obxetivos, queremos amosar coa nosa presencia nesta manifestación o noso apoio ao mantemento da actividade desta industria que resulta clave no desenvolvemento da nosa comarca como garante da continuidade dos miles de postos de traballo que xenera.

Exit mobile version