O noso e benquerido Prado de Ramos
Comenzo estas verbas con dolor, pena e añoranza.
Lémbrome de cando era cativa, daquela que tódolos nenos e nenas eramos tan felices, xogando tan solo a patefa, compartindo unha bicicleta entre moitos, ou sinxelamente mirando unha película da única TV que había no barrio.
Tiñamos poucas saídas; e con toda a familia menos, pero as que acontecían , eran sagradas e moi, moi felices por exemplo ó Bispo Santo, Domingo de Ramos e por excelencia ir de merenda ó Prado de Ramos,
¡Que ben sabía aquela comida!
Alí dende o alto, tirados nunha saba vella mirando como batean as ondas contra as rochas ou o faro. Logo como cativos que eramos, baixabamos a mollar os pés unha morea deles, e os nosos pais agardaban no prado cos mais pequenos e os avós, aqueles avós que tiñan o pano atado a cabeza e o mandil á cintura e algún familiar impedido que tamén había. Pois daquela os nosos pais coidaban dos maiores enriba sen deixar de mirarnos os meniños que rente as ondas faciamos unha morea de travesuras.
Logo chegaba o outono e mailo inverno, e a natureza encargábase de poñer todo no seu sitio.
Agora non, moito presumir de bandeiras azuis, campionatos de surf, paseos Rapadoira-Porto Chico, etc.
Polo visto a ninguén dos nosos rexedores lles importa que veñan familias con nenos, persoas maiores ou familiares impedidos, que a única maneira que teñen de pasar unhas horas de lecer sexa a ó frescor da herba e acariñándolles unha suave brisa nas súas meixelas con olor o mar.
Non, agora falase de prohibicións e multas.
Todo isto ben a conto de que o outro día lin unha noticia, falaba que os municipais desaloxaron do Prado de Ramos á xente que alí había, eles (municipais) só cumpren ordes, pero digo eu, onde teñen o corazón ós que lles corresponde dar esas ordes, pois en calquera momento eles poden ser unhas desas persoas, que por circunstancias da vida sexa a única ou unha das poucas formas que poidan desfrutar dende o noso querido Prado de Ramos da nosa praia da Rapadoira.
Como di Suso Fernández que ogallá non se esqueza a historia, e sexamos quen de poñer en práctica as leccións positivas que ela nos dá.
ALECRIN