Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno da Deputación tratará no pleno unha proposta en contra dos novos recortes do goberno central

O Goberno Provincial levará ó Pleno unha proposta en contra dos novos recortes de Rajoy

– A Vicepresidenta Segunda salientou que “non podemos quedarnos quedos cando o Partido Popular está a castigar pola crise ós desempregados, ós pensionistas e ós traballadores mentres premia ós defraudores cunha Amnistía Fiscal e non piden un mínimo esforzo ás grandes fortunas”

– Lara Méndez subliñou que “non hai medida máis inxusta e antisocial que recortar as prestacións por desemprego con 5,6 millóns de parados e cunha Reforma Laboral que non crea traballo”

– Para o Executivo Provincial a suba de impostos supón a cuarta redución das pensións que realiza o PP e provocará a caída do consumo, afectando principalmente ós autónomos e ás PEMES

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, avanzou este xoves que o Goberno Provincial levará ó Pleno unha proposta en contra dos novos recortes que vén de aprobar o Executivo Central e que perxudican “gravemente ós traballadores, pensionistas e parados”. Lara Méndez destacou que “non podemos quedarnos quedos ante unhas medidas coas que Rajoy, ó igual que Feijóo e os seus compañeiros de partido, castigan pola crise ós desempregados, ós maiores e en xeral a todos os cidadáns de a pé, mentres premian ós defraudadores cunha Amnistía Fiscal e non piden nin un mínimo esforzo ás grandes fortunas”.

Ó respecto dos recortes nas prestacións por desemprego, Lara Méndez destacou que “non hai medida máis inxusta nin antisocial que reducir estas axudas cando temos 5,6 millóns de parados no país, 270.000 en Galicia e 27.000 en Lugo. Por riba, Rajoy asegura que o fai para incentivar ás miles de persoas que están sen traballo a buscalo, acusándoas de vagas cando o Partido Popular impuxo unha Reforma Laboral que, segundo salientou o propio Presidente de España, non vai a crear emprego polo menos en 3 anos”.

O Goberno Provincial tamén se opón á suba do IVA do 18% ó 21% en xeral e do 8% ó 10% reducido. “É socialmente inxusto porque se engade á recén suba do IRPF e supón un novo castigo ó peto dos cidadáns que, lamentablemente, moitos non o van a poder soportar”. Neste senso, remarcou a situación dos 120.000 pensionistas existentes na provincia, que cobran entre 600 e 500 euros. “Para os nosos maiores esta medida é xa a cuarta baixada das súas pensións que realiza o Partido Popular: segunda suba de impostos, recortes na Lei de Dependencia e cogapo en menciñas e sanidade. Hai que ter en conta que só co repago dos seus fármacos os pensionistas de Lugo gastarán ó ano 12 millóns de euros”.

Lara Méndez engadiu que “subir o IVA nunha situación de recesión económica como a actual e ademais ineficaz. Isto só vai a provocar unha maior caída do consumo e, como consecuencia, da economía. Afectará, principalmente, ós autónomos e PEMES, un dos principais piares da nosa economía, que verán como se merman os seus beneficios e as súas ventas. Por exemplo, ós comerciantes, ós que os Gobernos do PP, a maiores, quere impoñerlles unha Lei para abrir os seus establecementos todos os domingos, premiandos ás grandes áreas comercias”.

Por todo isto, a Vicepresidenta sentenciou que “o Goberno Provincial non vai a quedar cos brazos cruzados mentres Rajoy impón á inmesa maioría dos cidadáns pobreza e un futuro sen esperanza para eles e os seus fillos a cambio de nada xa que, nin tan sequera, vai a cumprir coa súa obsesión de reducir o déficit, a nosa economía non vai medrar e tampouco se vai a crear emprego”.

Exit mobile version