Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz solicita que o concello solucione o caos de tráfico no mercado dos martes

O BNG DE FOZ SOLICITA QUE O CONCELLO SOLUCIONE O CAOS DE TRÁFICO NO MERCADO DOS MARTES

Tamén pide de novo a colocación de urinarios públicos na zona do porto

Foz a 12 de xullo de 2012. – O BNG de Foz solicítalle ao grupo de goberno unha mellor regulación do tráfico viario no mercado que se organiza todos os martes na zona portuaria.

O BNG considera a situación de moito perigo

Para o BNG a situación que se está a dar nestes momentos é extremadamente incómoda e perigosa. Incómoda porque as persoas non poden transitar polo mercado tranquilamente e teñen que andar por medio dos vehículos, tanto os aparcados como os que circulan polo medio dos postos. Perigosa porque danse situacións nas que os vehículos pasan rozando ás persoas pola gran acumulación de xente ou teñen que frear cando se cruzan peóns. “Calquera despiste –por pequeno que sexa- por parte dos automobilistas ou dos peóns pode provocar un accidente grave” di o portavoz do BNG, Xan Carlos González Basanta.

O BNG propón facelo totalmente peonil e pide máis presenza da policía municipal

Como solucións o BNG propón que a mellor solución sería o peche ao tráfico de vehículos no tramo de vía máis próximo á lonxa ou senón que se retire o mercado uns metros e se delimite claramente o paso dos vehículos por esa zona. O que non parece moi normal é que vehículos e persoas estean circulando pola mesma vía entre postos de mercado e cun caos circulatorio que leva moito risco de accidentes. Neste sentido o BNG bota en falta a presenza da policía municipal na zona para controlar a situación. “Veriamos moi importante que os axentes municipais estiveran presentes na zona durante a celebración do mercado para maior seguridade viaria e tranquilidade das persoas”.

O BNG pide a instalación de urinarios públicos no porto

Numerosas veces o BNG ten reclamado, ao anterior goberno e este, a instalación de urinarios públicos na zona do porto. Ao ser unha zona moi transitada e de gran afluencia de persoas os urinarios serían un servizo público moi necesario e moi aplaudido polo que novamente o BNG fai esta suxestión o goberno municipal para que actúe dunha vez.

Exit mobile version