FUENTE PARGA CRITICA QUE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DESTINE 10.100 EUROS DE SUBVENCIÓNS A DÚAS ASOCIACIÓNS DE BARREIROS PARA “FESTAS E SARAOS” E SÓ 8.200 EUROS AOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.
Barreiros, 6 de xullo de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, critica que a Área de Cultura e Benestar da Deputación Provincial, que dirixe o nacionalista Antonio Veiga, destine 10.100 euros de subvencións a dúas asociacións locais para facéren “festas e saraos” e só 8.200 euros aos servizos sociais do Concello.
O rexedor dixo que “vemos con asombro a distribución que fai a Deputación Provincial no ámbito de cultura, tanto para eventos culturais como para actividades culturais permanentes. Hai dúas asociacións que suman 10.100 euros de subvención, mentras que os servizos sociais do Concello van recibir da Área de Benestar, que é a misma que Cultura, é dicir está dirixida por Antonio Veiga, 8.200 euros. Para o señor Veiga priman máis as festas e saraos que a atención aos nosos maiores, xa que só dúas asociacións se levan 10.100 euros”.
Fuente Parga sinala que “hai que lamentar que se siga patrocinando e logo se critique a perda de servizos ou, como din eles, os recortes do PP. Si estes cartos que se destinan a festas e saraos por parte do BNG se destinaran aos servizos sociais do Concello, á axuda no fogar, igual así non tiñamos que tomar decisións duras coma incrementar os prezos dos servizos. Igual non teríamos que facelo si en vez de dar para festas a unhas asociacións se dera para garantizar a asistencia aos nosos maiores”.
O equipo de goberno do Concello de Barreiros lamenta este feito que –aseguran-“está a ser unha constante primando festas organizadas por asociacións afíns ao BNG e recortando dos servizos básicos que teñen que prestar os Concellos aos seus cidadáns. Podemos entendelo dado que o BNG non goberna en moitos Concellos da provincia de Lugo e en lugar de darlles eses cartos aos Concello para que os destinen aos cidadáns deciden destinalos a asociacións afíns para que os gasten en festas”.
Alfonso Fuente lembrou que “xa hai uns días lamentábamos o estado no que se atopan as estradas da Deputación en Barreiros, e siguen estando así, non se arranxan, pero a Antonio Veiga non lle preocupa porque pasa máis tempo en Lugo que en Barreiros e non circula por estes viais da Deputación, que están nun pésimo estado”.