O artista de Castroverde leva máis dunha semana traballando in situ na elaboración desta obra de grandes dimensións, elaborada en madeira de iroko. Celso Dourado sinala que “ademais de ser Paco Pestana o protagonista coa súa maneira de concibir e de ser, tamén contaremos coa presencia do grupo irlandés de folk Fling. Son cinco compoñentes que fan unha música moi enraizada nas terras de Irlanda, é unha música puramente celta. Éste será un bó acompañamento para un creador como Paco Pestana”;a entrada será libre e gratuita. O Eido Dourado abre de martes a domingo en horario de 11:30 a 13:30 polas mañás e de 18:00 a 21:00 horas polas tardes.
O 14 de xullo, ás 21:30 horas nos xardíns do Eido Dourado inaugurárase unha escultura de Paco Pestana
O 14 de xullo, ás 21:30 horas nos xardíns do Eido Dourado inaugurárase unha escultura de Paco Pestana
Relacionado
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este luns
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao