Independentes polo Val pide que se unan os colexios de Alfoz-Valadouro para defender a calidade educativa dos nenos
IpV, presentará una moción no vindeiro pleno de Alfoz para que dende o concello se lle pida a Consellería de Educación a unión dos dous colexios de primaria do Val do Ouro, como medida urxente para loitar pola calidade educativa dos nenos de Alfoz e Valadouro.
“Si somos responsables e nos preocupa a educación dos noso nenos tomaríamos esta medida coa maior celeridade posible.”
O colexio de educación primaria de Alfoz leva anos perdendo alumnos de forma continuada, igual situación sofre o colexio do veciño concello de Valadouro.
Esta situación débese por un lado a baixa natalidade e a enorme evolución demográfica negativa que se está producindo en ambos concellos dende fai moitos anos, por outra banda a fuxida poboacional que se produce nos mesmos
cara outros concellos veciños.
Situación que unida a reducción de mestres que se está producindo en ambos colexios provoca un grave merma na calidade educativa que reciben os nenos.
A situación é tan grave que se están comenzando a xuntar distintos cursos na mesma aula, e coa actual evolución negativa da natalidade no concello, na que claramente se ve que a incorporación de nenos ó colexio irase reducindo de forma que agravará máis ainda a situación.
Os nenos que na actualidade están nos primeiros anos de colexio, cursaran todos os anos que lles restan compartindo aula con nenos de outros cursos coa correspondente pérdida de calidade educativa con respecto a nenos que estudien cada curso nunha aula distinta, como ocurre na maioría dos colexios da comarca.
Nos últimos tempos veñen tamén suprimíndose mestres, e como consecuencia da falta de persoal prazas como a de secretario tamén se suprimiron.
Todas estas carencias, unidos os factores da falta de nenos cos recortes do gobernó está provocando un grave perda da calidade educativa dos nenos do noso concello, e sobre todo si o comparamos con outros nenos da mariña que cursan en colexios que están en outra situación máis favorable.
Adxuntamos cadro coa evolución de nacementos en ambos concellos do Val do Ouro.
Nacementos por Concello
Ano
Alfoz
Valadouro
2001
8
7
2002
11
5
2003
12
11
2004
13
8
2005
9
10
2006
11
6
2007
7
11
2008
7
11
2009
4
18
2010
7
24
2011
5
5
É una iniciativa que loita polo futuro de Alfoz, porque os nenos dos nosos concellos teñan calidade educativa igual que a que poidan ter nenos de Foz ou Burela, que estudian cada curso nunha aula independente e que nos están sufrindo os recortes de Alfoz e Valadouro debido a falta de nenos.