Como xa sabedes A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco impulsan unha iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca. Trátase do Mercado do Souto que a partires de agora celebrarase na Praza do Souto en Cervo os 2º e 4º domingos de cada mes. O principal atractivo de dito mercado é a posta en contacto entre vendedores e consumidores co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar a coñecer a produción da zona. Así, haberá postos de produtos da horta, artesanía en coiro, xabóns artesanais, pastas, pan, sementes, etc… Como actividades complementarias desta nova cita, contaremos con CAXOTO : Contacontos, que comezará a súa actuación a partires das 12.30 na praza do Souto