RIBADEO ACOLLERÁ DO 29 AO 31 DE AGOSTO O I FÓRUM DE INNOVACIÓN E FORMACIÓN
DE VEHÍCULOS, QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE PROFESORES DE AUTOMOCIÓN DE
GALICIA. O PROGRAMA INCLÚE CONFERENCIAS, OBRADOIROS E TAMÉN UNHA FEIRA DE
COCHES USADOS.
Innovación e Formación de Vehículos, que organiza a Asociación de Profesores de
Automoción de Galicia (A.P.A.G.A). Xa hai máis de 60 inscritos para participar neste evento.
O presidente de A.P.A.G.A, Álvaro Doural, sinalou que “a idea de organizar este I Fórum é
froito da experiencia doutras actividades realizadas outros anos. E o obxectivo pasa por
aglutinar ao profesorado de Galicia e de comunidades limítrofes ou cercanas e por implicar
ao sector dos concesionarios de automóviles locais e a todas aquelas persoas interesadas na
formación e en participar nesta actividade”.
O I Fórum de Innovación e Formación de Vehículos terá lugar do 29 ao 31 de agosto,
“haberá conferencias sobre temas diversos, principalmente centrados nas novidades do
automóvil: os híbridos e vehículos eléctricos. Tamén teremos obradoiros prácticos sobre
soldadura, climatización, diagnosis de vehículos híbridos, etc. E haberá presentacións de
coches das distintas marcas, algúns recén sacados á venda”. A.P.A.G.A está a organizar como
acción complementaria unha feria de coches de segunda man en colaboración cos
concesionarios de coches da zona, que se celebrará os días 1 e 2 de setembro, “a fin de
semana que coincide pegada ao Fórum”.
Álvaro Doural asegurou que “xa hai máis de 60 inscritos para participar neste I Fórum.
Estamos un pouco limitados polo espazo, pero quedan unhas 20 prazas libres, máis ou
menos. Imos facer todo nas instalacións e nos xardíns do hotel O Cabazo de Ribadeo. Os
interesados poden obter máis información sobre a inscrición e sobre o programa na páxina
web www.apaga.es”.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia dixo que “é bastante
complexo organizar un evento destas características, pero é unha grande satisfacción que
entidades tanto públicas como privadas nos apoien e que fixesen a súa aportación
económica, porque sin a súa axuda sería moi difícil poder celebrar este I Fórum. De todos os
xeitos sempre hai moitos paos no camiño para que non se poidan facer este tipo de eventos,
é difícil de entender que se poñan problemas para organizar estas actividades”.