XIV edición do Mercado Medieval de Alfoz o 20 e o 21 de Xullo
Este ano como novidades está en que iniciamos a actividade o venres, con un acto que denominamos ” Un intre para facer pola vida “, que en realidade é unha chourizada en toda regra. Tódolos actos desta tarde-noite son fabricación caseira. A verdade é que o venres é todo un experimento pero estamos moi ilusionados.
E o sábado pois como veredes apostamos pola continuidade, arrancando con paso firme coa ruta de sendeirismo ( contamos a dia de hoxe con mais de 150 camiñantes) e rematando co concerto de Tiruleque, posterior á cea medieval, á escenificación…. inicio e final de un dia como nós definimos apto para tódolos públicos e para tódalas emocións e sensacións. Un programa moi completo baseado na variedade e moi recomendable para degustar todo dia. Moita actividade, moita vida, moita escenificación, moita recreación, moita posta en escea. E detrás de todo esto moitísima man de obra caseira.
Ese é o gran patrimonio deste evento. As persoas. No cartel vedes logotipos de empresas, de institucións. Pero sobre todo hai persoas. Moitas e cada vez mais. Das que xa non quedan. As que fan realidade os soños.