Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade na que participaron os rapaces de 7 a 12 anos que acoden á ocioteca do Concello de Burela

As monitoras de Gaia desprazáronse esta mañá á praia de Portelo onde 18 nenos que participan nas actividades da ocioteca (un grupo de 7 a 12 anos) fixeron un xogo chamado Lanza e pesca, Pezqueñines, non grazas. Os nenos durante unha xornada foron pescadores utilizando unhas cañas de pescar e unha piscina hinchable chea de auga salada con peixes de plástico e con lixo flotando ( botellas, redes, corcho, etc) simulando a contaminación das nosas costa. Alí tiveron que dar renda solta as súas dotes de habilidade pescando soamente os peixes e deixando o lixo na piscina/mar. Os alumnos aprenderon a identificar peixes de auga doce e auga salgada, as súas propiedades, medida e o peso ideal e aprenderon a valorar a importancia de manter o noso mar limpio evitando deixar lixo tirado na praia e coñecendo diferentes tipos de contaminación. As monitoras de Gaia explicáronlles aos alumnos “o efecto nocivo que ten a sobrepesca ou o emprego de artes depredadoras como os aparellos de arrastre, para a sostibilidade do medio mariño a medio e longo prazo frente a arte selectiva ou curricán, empregado polos boniteiros de Burela”.

Exit mobile version