Site icon Crónica3.com A Mariña

A Dputación colabora na organización do XXIII concurso de castelos na area de Reinante en Barreiros

A VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN COLABORA NA ORGANIZACIÓN DO XXIII CONCURSO DE CASTELOS NA AREA DE REINANTE

Antonio Veiga explicou que “estamos ante un evento totalmente consolidado que se desenvolve nun paraxe único como son todas as praias da Mariña”

Máis de 400 persoas adoitan darse cita na praia de Arealonga para participar neste concurso que se celebra todos os 25 de xullo

Lugo, 12 de xullo de 2012. A XXIII edición do Concurso Internacional de Castelos na Area de Reinante vén de ser presentada polo vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, no salón de actos da institución provincial.

Esta cita estival, que se celebrará o vindeiro 25 de xullo, na praia de Arealonga, en Reinante, a partir das 16:00 horas, adoita dar cabida a uns 400 participantes, tanto habitantes da comarca como turistas que pasan uns días na localidade. Dentro do concurso establécense varias categorías de participación: para rapaces, para veteranos, para persoas con algún tipo de discapacidade e para colectivos, que construirán as súas esculturas na area aproveitando as horas de baixamar; habendo premios para os gañadores e un agasallo para todos os participantes.

Na súa intervención, Antonio Veiga explicou que “estamos ante un evento totalmente consolidado que se desenvolve nun paraxe único como son todas as praias da Mariña, ás que lle queremos moito todos os lucenses. Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo desexámoslle moitos éxitos a esta 23ª edición do Concurso de Castelos na Area, e que sexa unha xornada lúdica na que poidan disfrutar nenos e maiores, como viñeron facendo todos estes anos”.

Exit mobile version