Site icon Crónica3.com A Mariña

A brasileira Cely Gayardo despediuse do CD Burela FS Pescados Rubén

A BRASILEIRA CELY GAYARDO INCORPORARASE EN AGOSTO Á SERIE A ITALIANA

A brasileira Cely Gayardo despediuse do CD Burela FS Pescados Rubén, co que rematou contrato en xuño, para iniciar unha nova etapa no fútbol sala europeo. A pivote incorporarase en agosto á pretempada do italiano AZ Gold de Abruzzo, que debutará na Serie A a partir de outubro.

“Quero agradecer a todos os directivos, corpo técnico, xogadoras e a afección de Burela que me acolleran tan ben. Foron cinco meses marabillosos os que vivín en Burela. Creo que os títulos para o Burela chegarán co tempo porque o equipo está no camiño correcto. Dende lonxe, seguirei animando a este cadro”. Así se despediu Cely das filas burelistas, á que o CD Burela FS Pescados Rubén lle desexa moita sorte na súa nova andadura.

A internacional ‘canarinha’ Araceli Gayardo chegou á entidade laranxa procedente do prestixioso UnoChapecó brasileiro en xaneiro de 2012 para achegar calidade, experiencia e determinación ao cadro dirixido por Javier Pardeiro.

Exit mobile version