Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez , presenta o seguinte
ROGO
A política de emprego, e de forma moi especial a forma de contratación de persoal temporal por parte de este E.Goberno non fai máis que sombra de dubidas respecto aos diferentes procesos.
Recentemente puidemos ver como en algunhas prazas se incluíu como método de selección unha entrevista persoal, algo que nunca se fixera no noso Concello, e que entra dentro do campo de subxetividade.
Así mesmo vemos que se están facendo as convocatorias con unha deficiente publicidade das mesmas, mesmo nin se emprega a Emisora Local de Radio Foz, para facer publicidade das mesmas, e se convocan con tan solo 3 días de prazo, algo totalmente irregular.
Nas diferentes convocatorias non se ten en consideración as persoas con discapacidade, o que mostra unha total falla de sensibilidade a este colectivo.
1.- Fai uns días puidemos ver un caso insólito na convocatoria de unha praza de Normalizador, que ao amparo dunha subvención de Xunta de Galicia comunicada ao Concello con data 2 de abril non se procede a convocar a praza ata o 25 de maio, e para cumprir coa prazos se fai a toda presa, convocando aos aspirantes de un día para outro, co conseguinte prexuízo para as persoas que se presentaron .
Respecto a esta praza temos que denunciar as seguintes irregularidades:
-Os aspirantes non foron convocados cun mínimo de 24 horas de antelación .
-Cando os aspirantes estaban convocados para as 10 da maña para facer o exame,permitíuselle a un aspirante facer o exame ás 13.30 h , cando xa habían saido do exame o resto dos aspirantes, co que non se pode asegurar a igualdade de oportunidades.
-Que o mencionado exame, fíxose supostamente sen a presenza mínima de tres membros do tribunal (secretaria/o e presidente/a).