Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Foz o V Campus de Patinaxe Artístico

Hoxe tivo lugar a presentación do V Campus de Patinaxe Artístico, na que
estiveron a Concelleira de Xuventude e Deportes do Concello de Foz, Mercedes
González, a directora do Campus, Rebeca Díaz e Ibán García, presidente da
Asociación Escolas do Deporte.

Todos eles incidiron na importancia deste Campus que xa vai
pola súa quinta edición, e que este ano conta con máis de 80 inscritas/os.
Durante a semana do 25 ao 29 de xuño os/as participantes ademais de poder
practicar este deporte e perfeccionar a súa técnica terán diferentes
actividades complementarias para disfrutar día a día: xogos na praia,
excursións, … Non só se centrarán polo tanto no Pavillón do CEIP O Cantel,
senón que percorrerán diferentes lugares de Foz.

Quixeron agracecer a súa colaboración á Dirección Xeral para
o Deporte, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Living Sport,
Tangarte Mariñeiro, LestelSkates, Frutas Morriña e Activity Center – IG 10
Sport.

Exit mobile version