Os populares interésanse pola legalidade da selección do persoal para as 24 prazas de formación de guías especializados nas Reservas Terras do Miño e Os Ancares
. Malestar e disconformidade dos aspirantes fronte ao proceso selectivo que se desenvolve baixo a responsabilidade do Presidente da Deputación
. Candia pregunta ao Besteiro cáles foron os criterios, descoñecidos, da selección do persoal
Lugo a 5 de xuño de 2012.- A voceira dos populares na Deputación de Lugo, Elena Candia, pregúntase polos criterios que seguíu o Organismo provincial á hora de seleccionar 24 bolseiros entre 860 para a formación de guías especializados nas Reservas, Terras do Miño e os Ancares.
Logo de que a Deputación de Lugo convocase 24 bolsas de emprego para formar guías especializados nas Reservas Terras do Miño e Os Ancares, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o pasado 29 de abril, cun total de 535 solicitudes admitidas na Reserva Terras do Miño e outras 332, nos Ancares lucenses, a Voceira do PP na Deputación, Elena Candia, coñecedora das críticas verquidas por moitos dos aspirantes, en relación a falta de clarificación das bases que regulaban o proceso de selección e tendo en conta o alto nivel académico dunha ampla porcentaxe dos demandantes das bolsas, pregúntalle e pídelle ao Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que explique cáles foron os criterios, descoñecidos, da selección deste persoal.
Elena Candia quere saber qué criterios obxectivos determinaron a selección dos 24 admitidos definitivos entre os máis de 860 aspirantes.